• Alumnado das diferentes modalidades fixo unha demostración o sábado no polideportivo de San Vicenzo diante de familiares e amizadas //

  • O Club Patinaxe Sarela, de Ames, clausurou o acto cunha exhibición de patinaxe artística //

  • As persoas adultas organizaron o venres un pequeno torneo en Lañas para clausura da escola de pádel //

20220603 Clausura curso 22 23 Escolas Deportivas Municipais Banha 24

O Concello da Baña clausurou esta fin de semana o curso 2022-23 das escolas deportivas municipais, nas que este ano se inscribiron 116 menores nas diferentes modalidades ofertadas. O sábado pola mañá, nenos e nenas fixeron unha demostración do aprendido no polideportivo de San Vicenzo diante de familiares e amizades, mentres que o venres, as persoas adultas que acudiron a pádel organizaron un pequeno torneo en Lañas. Todas as persoas participantes levaron un pequeno agasallo do Concello.

No curso 2022-23, o Concello da Baña ofertou nas escolas deportivas municipais judo, karate, tenis, tenis de mesa, pádel, xadrez, baile moderno, fútbol sala e patinaxe artísticas disciplinas nas que se matricularon en total 116 menores de idade. Como moitos deles participaron en varias disciplinas, o número total de matrículas nas escolas deportivas ascendeu a 170 no curso escolar que agora remata. Tras a exhibición realizada o sábado no polideportivo de San Vicenzo levaron como recordo un agasallo da Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte.

20220603 Clausura curso 22 23 Escolas Deportivas Municipais Banha 6

Tras recibir numerosos aplausos do público que se xuntou no polideportivo de San Vicenzo, a xornada rematou cunha exhibición do Club patinaxe Sarela, de Ames.

O venres pola tarde tamén rematou a escola de pádel para persoas adultas. No polideportivo de Lañas as persoas que asistentes organizaron un torneo no que se proclamou gañadora a parella formada por Alba e María, quedando subcampións Carlos e Paula. Todas as persoas asistentes levaron un agasallo como recordo da participación na escola de pádel.

Pica aquí para ver o álbum fotográfico da páxina de Facebook 

20220603 Clausura curso 22 23 Escolas Deportivas Municipais Banha 33