• A iniciativa está dirixida a menores de 3 a 14 anos

  • Desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril en horario de 8.00 a 14.00 horas nas instalacións deportivas municipais

  • A inscrición remata o mércores 9 de abril

  • O programa busca facilitar a conciliación familiar e ofrecer á cativada un espazo de aprendizaxe, xogo e socialización

20250401 Campamento Deportivo Cultural Web

O Concello da Baña organiza o Campamento Deportivo Cultural 2025, unha iniciativa dirixida a menores de 3 a 14 anos que se desenvolverá os días 14, 15, 16 e 21 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa. O obxectivo principal deste programa é facilitar a conciliación das familias ao tempo que se ofrece ás crianzas un espazo de aprendizaxe, xogo e socialización.

O campamento desenvolverase en horario de 8.00 a 14.00 horas nas instalacións deportivas municipais, onde os nenos e nenas participantes poderán gozar de actividades deportivas, culturais, educativas e lúdicas adaptadas ás distintas idades. A programación incluirá xogos de equipo, talleres creativos e actividades que fomenten valores como o respecto, a convivencia e a cooperación.

O campamento conta con 20 prazas dispoñibles e poderán inscribirse aqueles menores que estean escolarizados e cumpran os requisitos de admisión. A selección de participantes realizarase en base a criterios como o empadroamento no municipio e a necesidade de conciliación familiar.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 3 ata o 9 de abril, e os formularios poderán presentarse a través do rexistro municipal. A lista definitiva de admitidos publicarase unha vez finalizado o proceso de selección.

As persoas interesadas poden recibir máis información a través dos teléfonos 981 886 501 ou 669 368 413 ou do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

O Concello da Baña aposta por este tipo de iniciativas como unha ferramenta clave para apoiar as familias do municipio e ofrecerlles aos nenos e nenas unha alternativa de lecer saudable e enriquecedora durante os días non lectivos.