14 de agosto 


Publícase o decreto de aprobación da listaxe definitiva de rapazas e rapaces admitidos no campamento xuvenil Virxede Loreto de Porto do Son, organizado polo Concello da Baña.

A listaxe definitiva pode descargarse nesta ligazón ou no arquivo adxunto.

3 de agosto 


Faise pública a listaxe de rapazas e rapaces admitidos no campamento xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son), organizado polo Concello da Baña. Dende hoxe, 3 de agosto, establécese un prazo de dez días naturais para a presentación de posibles reclamacións a través do rexistro xeral do Concello ou da sede electrónica municipal. 

A listaxe provisional de rapazas e rapaces admitidos pode descargarse nesta ligazón ou no arquivo adxunto. 

21 de xullo 


Este venres, 21 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Xuvenil de verán que organiza o Concello da Baña.

 
En total ofértanse 20 prazas para o campamento xuvenil Virxe de Loreto, situado en Porto do Son, para a rapazada con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.
 
As datas nas que se desenvolve a actividade son do 26 de agosto ao 4 de setembro.
 
O servizo inclúe actividades, manutención, aloxamento e pernocta durante sete días, cun custo máximo de 100 euros para nenos e nenas censados na Baña e de 175 para os foráneos. Sobre este prezo, aplicaranse bonificacións a partir do segundo irmá e por causas socioeconómicas.
 
As inscricións ao Campamento Xuvenil deben facerse antes do luns 31 de xullo na Sede Electrónica Municipal ( https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/ ) ou na páxina web do Concello da Baña.
 
A listaxe provisional de rapazas e rapaces admitidos pode descargarse nesta ligazón ou no arquivo adxunto. Establécese dende o 3 de agosto un prazo de dez días naturais para a presentación de posibles reclamacións a través do rexistro xeral do Concello ou da sede electrónica municipal.