O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, asinou a semana pasada a renovación do convenio co Servizo de Atención Temperá de Santa Comba. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Política Social, Mónica González. 
 
O Servizo de Atención Temperá de Santa Comba, que forma parte da Rede Galega, atende menores de 6 anos que sofren ou están en risco de padecer algún tipo de discapacidade ou trastorno do desenvolvemento. Nenas e nenos da Baña poden acudir ás despendencias localizadas na Casa da Cultura da capital do Xallas (rúa Miraflores 0), sempre que un pediatra os derive previamente. Os servizos que se prestan divídense en tres áreas: coordinación e atención ás familias, logopedia e terapia ocupacional e reeducación funcional.
 
Nestes momentos, son oito as nenas e nenos da Baña que reciben atención. Outros dous atópanse en lista de agarda. 
 
20211111 cartel xunta atencion tempera