20221031 Cartel Informativo Atencion Tempera

O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, e a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, asinaron hoxe a renovación do convenio co Servizo de Atención Temperá de Santa Comba. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Servizos Sociais da capital do Xallas, Esther Espasandín.

O Servizo de Atención Temperá de Santa Comba 𝐚𝐭𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐦𝐞𝐧𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝟔 𝐚𝐧𝐨𝐬 que sofren ou están en risco de padecer algún tipo de discapacidade ou trastorno do desenvolvemento. Nenas e nenos da Baña poden acudir ás dependencias localizadas na Casa da Cultura da capital do Xallas (rúa Miraflores 0), sempre que sexan derivados polo pediatra do menor. 

Os servizos que se prestan divídense en tres áreas: Coordinación e atención ás familias, Logopedia e Terapia ocupacional e reeducación funcional.

20221031 renovacion convenio atencion tempera