-
Vai dirixido a menores escolarizados entre os 3 e os 14 anos
-
Celebrarase do 3 ao 5 de abril na Axencia de Lectura e nas instalacións deportivas do municipio
-
A inscrición é gratuíta e realizarase entre o 17 e o 27 de marzo
O Concello da Baña abre mañá, 17 de marzo, a inscrición para participar no Campus Deportivo e Cultural 2023, unha iniciativa dirixida aos menores escolarizados do municipio que busca favorecer a conciliación laboral e familiar durante as vacacións de Semana Santa. Así, entre os días 3 e 5 de abril as crianzas de 3 a 6 anos poderán realizar actividades de carácter cultural que se desenvolverán na Axencia de Lectura Municipal; mentres que os menores de 6 a 14 anos practicarán deporte nas instalacións municipais destinadas a tal fin. Ambos os campus son gratuítos.
A axencia de lectura oferta 12 prazas e programa entre as 10.00 e as 13.00 horas actividades de índole educativa, deportiva e cultural, que fomenten o fortalecemento de valores como a solidariedade, a confianza ou a cooperación; así como o respecto persoal e colectivo. Por outra banda, o campus deportivo oferta 30 prazas para as nenas e nenos que cumpran os requisitos de admisión, cun horario que vai das 9.00 ás 14.00 h.
A inscrición poderá realizarse do venres 17 ao luns 27 de marzo, chamando aos teléfonos 981 886 501 ou 669 368 413. Terán prioridade as crianzas de unidades familiares empadroadas na Baña e os menores que estean inscritos nas actividades das escolas deportivas ou culturais municipais.
O Campus Deportivo e Cultural do Concello da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Sociedade Deportiva A Baña e a Federación Galega de Fútbol. As bases poden consultarse no documento adxunto.