Sae a exposición pública durante o prazo de 30 días o proxecto do parque eólico de Vilartoxo, que ten previsto instalar aeroxeneradores cunha potencia total de 27 MW e afectará aos concellos da Baña e Val do Dubra.
O Concello da Baña anima á veciñanza a consultar este proxecto e presentar as súas alegacións antes do 20 de outubro de 2021. Así mesmo, o Concello analizará toda a documentación relativa ao proxecto para ofrecer asesoramento e remitir as alegacións oportunas.
A documentación relativa ao proxecto do parque eólico de Vilartoxo está dispoñible no taboleiro de anuncios do consistorio e tamén neste enlace.
Documentos relacionados:
- Proxecto Execución do parque eólico (xullo 2021 - vsdo. 02/08/21)
- Plano Xeral das instalacións do parque eólico
- Estudo de Impacto Ambiental (EIA) (maio 2021 - asdo.30/07/2021)
- Proxecto Sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) (novembro¬20_v2 - vsdo.02/08/2021)
Anuncios no DOG: