24 de xaneiro
O Concello da Baña procede á realización do trámite de audiencia no procedemento de modificación de regulamento de réxime interno do Punto de Atención á Infancia (P.A.I.).
Unha vez publicando o texto da ordenanza, outórgase un prazo de achegas por parte da cidadanía de 7 días naturais que remata o mércores día 31 de xaneiro ás 12.00 horas.
Ditas achegas poderán realizaranse picando nesta ligazón ao formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2024/G014/000001
No documento adxunto poderá descargarse o decreto municipal previo ao trámite de audiencia no procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza reguladora do PAI.
11 de xaneiro
O Concello da Baña aprobará a modificación da ordenanza reguladora do Punto de Atención á Infancia Concello de A Baña.
O equipo de goberno quere coñecer á opinión da veciñanza, polo que pon en marcha unha consulta pública a través da web do Concello na que se recabará a opinión dos cidadáns e das organizacións e asociacións máis representativas que poderían verse afectadas.
A través da nova normativa búscase acometer a regulación do Punto de Atención á Infancia en aspectos como o funcionamento, os servizos, o sistemas de admisión e as normas.
Os obxectivos desta iniciativa regulatoria son ofrecer un servizo social e educativo, proporcionando as crianzas unha educación acorde coas súas necesidades, valéndose das técnicas pedagóxicas máis idoneas e enmarcando a educación no ámbito cultural do que a crianza forma parte.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que o consideren oportuno poden facer chegar as súas opinións por escrito, as cales se poderán presentar telemáticamente no Rexistro do Concello ou a través dos medios previstos na LPACAP. As aportacións realizaranse picando nesta ligazón ao formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2024/G014/000001
O prazo finaliza o 18 de xaneiro ás 23.59 horas.
No documento adxunto poderá descargarse o anuncio municipal do procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza reguladora do PAI.