A Consellería de Emprego e Igualdade convocou dúas ordes coas que pretender impulsar e favorecer a competitividade das persoas traballadoras autónomas. Por unha banda, o programa de promoción do emprego autónomo suporá altas de ata 10.000 euros para altas neste réxime. Por outra, o Bono Autónomo busca consolidar ata 3.200 negocios con axudas que poden chegar ata os 3.000 euros. Ambas as dúas convocatorias foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o 30 de decembro de 2021.

APOIOS PARA INICIO DE ACTIVIDADE

  • A finalidade é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia.
  • Período comprendido para as altas en autónomos ou colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2022.
  • Importe da subvención: dende os 2.000 ata os 10.000 €.
  • Publicación no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-281221-0002_gl.pdf

BONO AUTÓNOMO

  • Persoas beneficiarias: persoas traballadoras autónomas ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual superior a 30.000 € e unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE incluído na declaración da renda referida ao ano 2020. Tamén as sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia.
  • Hai dúas liñas de axudas: para servizos e para investimento.
  • Prazo de presentación: dende o 14 de xaneiro ata o 14 de febreiro de 2022.
  • Importe máximo da axuda: 3.000 €
  • Publicación no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-291221-0003_gl.pdf