O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe catro liñas diferentes de axuda da Deputación da Coruña destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas co obxectivo de incentivar a creación e o mantemento do emprego. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o luns 11 de abril ata as 14.00 horas do 11 de maio.

  1. Liña 3.1. PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022. Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal. Para pemes e autónomos con domicilio fiscal nun concello coruñés de menos de vinte mil habitantes. As achegas terán unha contía máxima de 15.000 euros a aboar nun único pagamento.
  1. Liña PEL-Pemes Mantemento 2022. Axudas para o mantemento do cadro de persoal das pemes e atónomos que, beneficiándose dunha subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación o ano pasado, fixeran unha contratación indefinida. Deben comprometerse a manter o domicilio fiscal na provincia da Coruña nun concello de menos de 20.000 habitantes e a respectar a mesma xornada de traballo do contrato subvencionado na convocatoria anterior ou aumentala. A contía máxima da subvención será de 11.000 euros.
  2. Liña PEL-Autónomos 2022 para axudas destinadas ás persoas autónomas para o pagamento das cotas da seguridade social nos meses que non perciban otras achegas. Ademais de ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña e estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), as persoas interesadas non poden ter máis de cinco anos de antigüidade no exercicio ininterrumpido da actividade empresarial para a que solicita a achega. As axudas oscilarán entre un mínimo de 1.200 euros (equivalente a seis meses) e un máximo de 2.400 euros (equivalente a 12 meses), que se aboarán nun só pagamento.
  3. Liña PEL-Emprende Investimento 2022. Axudas para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables. Dixiridas a persoas físicas ou xurídicas con sede fiscal na provincia da Coruña cunha antigüidade máxima de cinco anos. As achegas oscilarán entre os 2.450 e os 17.500 euros.

As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica da Deputación da Coruña.

Os extractos das resolucións, publicadas no BOP do martes 5 de abril, poden consultarse nos arquivos adxuntos.