2 de outubro de 2023 


O Concello da Baña fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de persoas admitidas na Escola de Música Tradicional para o curso 2023-2024.

A listaxe pódese consultar en documento adxunto e premendo nesta ligazón

 

12 de setembro de 2023 


A Escola de Música Tradicional abre este mércores, 13 de setembro, o prazo de matrícula para o curso 2023-2024. As persoas interesadas deberán cubrir os formularios que se atopan na páxina web e formalizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello da Baña ou presencialmente no departamento de Educación e Cultura. As especialidades que se impartirán, sempre que haxa un mínimo de cinco persoas apuntadas, son as de gaita, percusión, pandeireta e canto. A maiores, o alumnado poderá cursar solfexo, disciplina complementaria de calquera das anteriores sen custo ningún. Por cada un dos instrumentos pagarase por todo o curso un total de 30 euros.

As solicitudes deben achegar, debidamente cubertos, a ficha de inscrición, a autorización de captación de imaxe e son, a autorización para usar o número de teléfono, o xustificante bancario do pagamento, a copia do documento de identidade da persoa usuaria e, de ser o caso, informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial. A conta para facer o pagamento é a do Concello no Banco Santander: ES26 0238 8191 8806 6000 1061.

Os formularios e as bases de funcionamento da Escola de Música Tradicional, publicadas no BOP, pódense descargar nos documentos adxuntos.