• A tenente de alcalde da Baña reúnese na Coruña coa responsable provincial de Cultura, Natividad de Jesús González

  • González proveita a xuntanza para reclamar a mellora do equipamento da Axencia de Lectura da Baña

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Acción social, cultural e servizos á cidadanía, Mónica González, visitou na mañá de hoxe, 9 de novembro, a sede da Deputación da Coruña para reunirse coa deputada provincial da área de Cultura, Natividad de Jesús González. O encontro centrouse en asentar bases de colaboración entre as dúas administracións no ámbito da cultura.

Mónica González e Natividad de Jesús González abordaron na xuntanza as distintas liñas de axudas e subvencións coas que a Deputación está apoiando os programas culturais dos municipios. Así mesmo, a concelleira bañense pediulle á administración provincial que teña en conta á Baña á hora de desenvolver a súa política de espectáculos culturais.

Na orde do día figurou tamén a mellora do equipamento da Axencia de Lectura da Baña. Ademais, Mónica González mantivo unha breve conversa co vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira Varela, reforzando así os lazos de colaboración entre as dúas entidades.