O Concello da Baña vai recibir unha subvención de 5.333 euros da Deputación da Coruña para o manemento do posto de traballo de técnico/a municipal en animación sociocultural durante o ano 2024.
O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte, mércores 21 de febreiro, a resolución definitiva pola cal se lle concede este importe ao Concello da Baña ao abeiro do Programa FO206: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024.
A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.