• Os traballadores por conta propia poden pedir subvencións para contratar asalariados de xeito indefinido

20210810 autonomosAs persoas desempregadas que aposten polo autoemprego e aqueloutras que, sendo autónomas, contraten persoas asalariadas de xeito indefinido poden solicitar ata o 30 de setembro as subvencións que concede a Xunta coa fin de promocionar e consolidar o emprego autónomo.

O programa de impulso do traballo autónomo consta de dúas liñas.

1. A primeira delas, para a promoción do emprego autónomo, está destinada a aquelas persoas en situación de desemprego que se establezan por conta propia e ten como fin axudalas a facerlle fronte aos gastos vencellados ao inicio da actividade laboral.

Poden acollerse a estas subvencións aquelas persoas que se deran de alta na Seguridade Social ou na mutualidade dun colexio profesional entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, ámbolos días incluídos.

O importe das axudas oscilará entre os 2.000 e os 10.000 euros.

O código de procedemento é o TR341D. Accede ao programa dende esta ligazón picando aquí

2. A segunda das liñas de achegas vai dirixida ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, a través do bono contratación ou o bono formación. Inclúense as contratacións formalizadas entre o 1 de outubro de 2020 e o 31 de setembro de 2021.

A contía das subvencións abrangue dende os 4.000 euros iniciais sempre que se contrate unha persoa desempregada ata os 16.250 euros para a primeira contratación indefinida ou os 22.500 euros para a segunda.

O código de procedemento é o TR349F. Accede ao programa dende esta ligazón picando aquí

As peticións deberán presentarse obrigatoriamente por medios telemáticos na sede electrónica da Xunta. Cada liña de axudas se xestiona de forma independente.

As bases da convocatoria publicáronse no DOG do 5 de agosto de 2021.

Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña.