- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1336
A veciñanza da Baña que teña que pasar a ITV dos seus vehículos agrícolas, poderá facelo o vindeiro 1 e 2 de xullo na capital municipal. A unidade móbil 3 da inspección técnica de agrícolas estará situado na explanada próxima á nave municipal que se atopa preto do colexio público San Vicente.
Para poder pasar a ITV, as persoas interesadas deberán pedir cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou dende a páxina web www.sycitv.com (preme aquí), poñendo a matrícula do vehículo e elixindo a estación móbil da Baña. A petición por internet para pasar a ITV agrícola na Baña pódese facer a partir do día 1 de xuño.
O horario no que se pode pasar a ITV na Baña é de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, o luns día 1 de xullo. O martes día 2 a unidade móbil só estará operativa en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1627
24 de maio de 2019
Proposta de contratación elevada pola comisión seleccionadora para a selección dun peón forestal.
A acta da comisión pódese consultar no arquivo adxunto
9 de maio de 2019
Convócase o luns 13 de maio, ás 9.00 horas, a proba práctica sobre funcionamento de motoserra e de rozadoira do proceso de selección dun peón forestal. A continuación atópase o documento con todos os detalles.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1713

A escritora bañense Beatriz Corzón Couto presentará o vindeiro venres, 15 de marzo, o seu libro ‘Se eu fora ti’. O acto celebrarase na casa da cultura da Baña a partir das 21.00 horas.
En palabras da autora e veciña de Emes, esta obra versa sobre o trastorno bipolar e ten unha parte de autoaxuda e outra autobiográfica.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1495

O Concello da Baña decidiu aprazar para o vindeiro 27 de outubro a terceira edición da Ruta BTT Filloa da Padre, prevista inicialmente para este domingo.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1484
O Concello da Baña celebrou este sábado, 9 de marzo de 2019, o desfile de carrozas e comparsas de Entroido, no que resultou gañadora ‘As carolinas van de romaría’ en ambas categorías. En categoría individual, o premio aos mellores disfraces foi para ‘Globo aerostático’ e ‘Pulpo á feira’, en infantil e adulto, respectivamente. Contra todo prognóstico a choiva deu unha tregua e respetou o desfile no que a participación foi un éxito total. Mellorando cifras de anos anteriores, a categoría de infantil contou con 3 parellas e 4 individuais e a adulta con 3. Tamén houbo 11 comparsas e un total de 6 carrozas. En total, repartíronse máis de 700 euros que conseguiron levar para á casa os gañadores de cada categoría.
A parella que inaugurou o desfile foron os ‘Transformers’. Estes dous cativos superaron a súa timidez e abriron o paso todo un ‘Ciclista profesional’, que mostrou as súas habilidades sobre a bicicleta. ‘Brancaneves e o Príncipe’ interpretaron á perfección os seus papeis e a ‘Cantajuegos’ conseguiu animar ao público. O ‘Globo Aerostático’ e as ‘Minnies’ non tiveron ningún obstáculo durante o seu paseo gracias á pequena ‘Operaria de Estradas’.
Os máis maiores ensinaron o seu gran sentido de humor ao aparecer disfrazados de ‘Curita Cañón’, ‘Arale con Batman’ e ‘Pulpo á feira’. Chegados a este punto o nivel era difícil de superar pero as carrozas e comparsas deixaron aos presentes coa boca aberta. Nas categorías grupais apareceron personaxes tan famosas coma ‘A loca dos gatos’, ‘Baby Shark’ ‘Como adestrar ao teu dragón’, ‘Os Trolls’ e a ‘A saia da Carolina’. O toque reivindicativo puxérono ‘A reunión mundial de sogras’ e os integrantes de ‘Barcala en Forma’. A creatividade encheu o Concello da Baña un ano máis gracias á ‘Aula das Xirafiñas’, ‘O pequeno astronauta’ e ‘A onde van as bolboretas’.
Despois do animado desfile tocou ir comer o chocolate con churros ao polideportivo municipal, no que a cativada tivo ademais colchóns inchables nas que pasar un bo rato. O Entroido 2019 da Baña foi un éxito total gracias á gran participación da veciñanza.
Gañadores
Comparsas: ‘As carolinas van de romaría’, ‘Reunión mundial de Sojras’, ‘Alacráns dourados’ e ‘A aula das xirafiñas’.
Carrozas: ‘As carolinas van de romaría’, ‘A Baña sharks’, ‘Barcala en forma’ e ‘Aula das xirafiñas’.
Individual: ‘Globo aerostático’ (infantil) e ‘Pulpo á feira’ (adulto).
Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (preme aquí).
