• As achegas están dirixidas á creación de novos negocios, a ampliación e o mantemento do persoal e a cubrir as cotas da seguridade social das persoas autónomas

  • As solicitudes presentaranse dende mañá na sede electrónica da Deputación da Coruña

20210311 pel

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia unha nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2021) dirixidas a pequenas empresas e persoas autónomas xa en activo coa fin de fortalecer consolidar e fortalecer o tecido empresarial dos municipios coruñeses.

As axudas, dotadas cun total de 4.260.000, desenvólvense a través de catro liñas diferentes: apoio á creación de novas empresas (2.260.000 euros), o pagamento de cotas da seguridade social para persoas autónomas nos periodos nos que non reciben axudas doutras administracións (500.000 euros); a ampliación de persoal (1.000.000); e o mantemento dos empregados (500.000) en microempresas, pequenas e medianas empresas.

O prazo para facer as solicitudes comprende dende o 11 de marzo ata as 14:00 horas do 15 de abril. Tanto as solicitudes como toda a tramitación relacionada con esta convocatoria realizarase por vía telemática a través da sede electrónica da Deputación da Coruña.

A convocatoria publicada hoxe no BOP pode consultarse premendo aquí

As bases, publicadas no BOP o 25 de febreiro, poden consultarse premendo nesta outra ligazón