A Secretaría Xeral de Igualdade, xunto co Fondo Social Europeo, abre o prazo de solicitude de subvencións para apoiar o emprendemento feminino ao abeiro do programa Emega. Esta iniciativa está composta dun conxunto de axudas dirixidas a respaldar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituidas por mulleres, entre outra accións complementarias. O prazo de presentación de solicitudes para as 5 liñas de axuda que compoñen o programa remata o vindeiro luns 5 de agosto.
Deste xeito, o programa Emega comprende as seguintes líneas de axuda:
- Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 8.000 a 20.000 euros)
- Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora. (De 12.000 a 20.000 euros)
- Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. Ditas medidas non poderán supoñer, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea. (De 6.000 a 15.000 euros)
- Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 16.000 a 40.000 euros)
- Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras (3.00 euros) e e Concilia-persoas traballadoras por conta allea (De 1.000 a 5.000 euros).
Por conseguinte, as beneficiarias das axudas do programa Emega son mulleres que inicien a súa actividade, ou formalicen os seus plans Innova ou Activa, entre o 1 de agosto de 2018 e o fin do prazo de presentación de solicitudes ao amparo desta convocatoria (5 de agosto de 2019), sempre e cando cumpran todos os requisitos e condicións indicados nas bases do programa.
As interesadas poderán atopar toda a información detallada da convocatoria (documentación a entregar, bases do programa, prazos, cuantías económicas, anexos...) na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.