A Exposición Elas Sempre están, que organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade, mostrará a situación das mulleres no rural galego.

Data exposición: Do 1 ao 15 de xuño

Lugar: Casa da Cultura da Baña

Horario: De 17:00 a 20:00 horas de luns a venres

Non te acordas de onde deixaches as cousas?

Non es capaz de ler algo sen perderse?

Chegas a un cuarto e non sabes a que vas?

ALGO PASA COA TÚA MEMORIA!!!

Se tes menos de 110 anos, pasa un momento divertido á vez que adestras a túa memoria na aula de informática.

Chama ao teléfono 981 886 669 ou visita a aula de informática, de martes a xoves de 16.30 h ou os sábados de 10.00 h a 14.00 h.

Faremos grupos por idades.

O sábado, 12 de decembro, de 11:30 a 13:30 horas, na Casa da Cultura terá lugar unha dinámica para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos.

O carteiro real visitou a casa do concello para deixar unha caixa do correo co fin de que os/as nenos/as do concello poidan depositar as súas cartas.

Entre todas as cartas recibidas, sortearanse nove libros o día 11 de xaneiro ás 10.00 h no salón de sesións do concello segundo as bases que se xuntan.

O Servizo de Normalización Lingüística redactou un modelo de carta para axudar os/as máis pequenos/as a escribirlles aos Reis Magos.

O sábado, día 28 de novembro, de 11:30 a 13:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura unha dinámica denominada O Reto da Igualdade.