O carteiro real visitou a casa do concello para deixar unha caixa do correo co fin de que os/as nenos/as do concello poidan depositar as súas cartas.

Entre todas as cartas recibidas, sortearanse nove libros o día 11 de xaneiro ás 10.00 h no salón de sesións do concello segundo as bases que se xuntan.

O Servizo de Normalización Lingüística redactou un modelo de carta para axudar os/as máis pequenos/as a escribirlles aos Reis Magos.

O sábado, 12 de decembro, de 11:30 a 13:30 horas, na Casa da Cultura terá lugar unha dinámica para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DO NENO (20/11/2009)

Data: Sábado, 21 de novembro de 2009

Hora: de 11:00 a 13:30 horas

Lugar: Casa da Cultura, Biblioteca Municipal de San Vicenzo

Actividades: xogos e xincana

Destinatarios: nenos/as de todas as idades

O sábado, día 28 de novembro, de 11:30 a 13:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura unha dinámica denominada O Reto da Igualdade.

Poremos en marcha novas actividades no teu local social:

ADORNOS DE NADAL 

  • CAMPÁS · BÓLAS PARA A ÁRBORE
  • CENTROS DE MESA
  • NACEMENTOS

FESTA DE NADAL

  • GASTRONOMÍA
  • XOGOS
  • PANXOLIÑAS

E continuarán as seguintes:

  • BIBLIOTECA ITINERANTE
  • XIMNASIA
  • TALLER DE MEMORIA
  • TALLER DE DEPENDENCIA

 

- SERÁN GRATUÍTAS (soamente tes que traer o material de traballos manuais).

- Se estás interesado/a só tes que acercarte ao teu local social e informarte

- Ou chamar ao Concello á extensión de cultura no teléfono: 981 886 501