A Mancomunidade de Concellos do Tambre, da que forma parte A Baña, convoca un total de 7 prazas da plantilla de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso, en turno libre/estabilización. O Boletín Oficial do Estado publica hoxe, 25 de abril, a resolución desta convocatoria. As prazas a prover son:
- 2 prazas de condutor/a
- 2 prazas de electrecista
- 2 prazas de peón/a - axudante/a de chofer
- 1 praza de peón/a electrecista
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.
As bases que rexen a convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 243, de 26 de decembro de 2022.