- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 861
O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta na Coruña, José Antonio Álvarez Vidal, comprometeuse a estudar as peticións formuladas polo alcalde da Baña para mellorar o transporte público polo municipio. Na reunión mantida onte na Coruña, José Antonio Pereira, solicitou máis frecuencias nas rutas de Santiago a Santa Comba e de Santiago a Muxía que pasan pola Baña, e modificar algúns horarios para adaptarse ás necesidades da veciñanza.
Na reunión, José Antonio Pereira trasladoulle a necesidade de mellorar as conexións da Baña con Santiago, tanto no número de frecuencias como nos horarios dos autobuses.
Pereira Gil tamén lle reclamou melloras no transporte escolar, que está tendo moitas deficiencias dende que cambiou a empresa concesionaria deste servizo. Segundo lle trasladou o alcalde ao xefe territorial, nas últimas datas hai escolares que chegan tarde ás clases debido ao transporte escolar e, noutros casos, as rutas están incompletas.
José Antonio Álvarez compremeteuse a estudar todas as peticións do alcalde da Baña e trasladarlle unha proposta de mellora nos vindeiros días.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 980
A Deputación da Coruña pon en marcha dous cursos de salvamento acuático destinados a mozos e mozas desempregados maiores de 18 anos. As persoas seleccionadas participarán nunha dobre acción formativa: a primeira, de socorrismo en espazos acuáticos naturais, comezará en febreiro; e a segunda, de socorrismo e instalacións acuáticas, desenvolverase a partir de setembro.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse no Concello da Baña ata o venres 5 de febreiro ás 12:00 horas. Para iso, deberán presentar un informe de saúde recente, con data posterior ao 11 de xaneiro, e cubrir un formulario.
A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar en ámbolos cursos, o que suporá a obtención dunha dobre titulación. Trátase de certificados de profesionalidade de nivel 2, polo que as persoas candidatas terán que estar en posesión da formación que posibilita o acceso. Asimesmo, terán que xustificar que non padecen ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou afeccións crónicas e deben presentar unha condición física axeitada para adicarse ao salvamento.
Rematado o prazo de inscrición, darase a coñecer a data e o lugar no que se realizarán as probas físicas. As vinte persoas con maior puntuación pasarán logo unha entrevista persoal, á que deberán levar toda a documentación esixida para poder participar nos cursos.
A formación teórico-práctica dos cursos realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña, mentres que as prácticas profesionais non laborais se desenvolverán en praias de concellos da provincia. A iniciativa, enmarcada no Plan de Emprego Local (PEL), leva aparellada a concesión de bolsas para as persoas participantes por un importe máximo de mil euros.
Pódense consultar as bases do proceso e descargar o formulario de inscrición nos arquivos adxuntos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 4318
Luns, 21 de decembro
Fanse públicas as puntuacións definitivas das persoas candidatas a ocupar o posto de director/a do obradoiro dual de emprego MAIS 2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Luns, 21 de decembro
Faise pública a listaxe definitiva das persoas seleccionadas como alumnado para o obradoiro de emprego dual MAIS 2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Martes, 15 de decembro
Fanse públicas as puntuacións provisionais do baremo das persoas aspirantes como alumnado, auxiliar administrativo, mestres e dirección para o programa dual de emprego MAIS 2020.
Os documentos pódense consultar no arquivo adxunto.
Xoves, 10 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas candidatas a ocupar o posto dun/ha auxiliar adminstrativo/a para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a director/a que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a na especialidade de pintura decorativa en construción que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a na especialidade de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais que resultaron preseleccionadas para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Mércores, 9 de decembro
Puntuacións das entrevistas coas persoas candidatas a mestre/a de Educación de Adultos no obradoiro de emprego dual MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Venres, 4 de decembro
Faise pública a puntuación da fase de entrevista do proceso de selección de alumnado de Santa Comba e de Val do Dubra para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Xoves, 3 de decembro
Faise pública a puntuación da fase de entrevista do proceso de selección de alumnado da Baña e de Negreira para o programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar no arquivo adxunto.
Xoves, 26 de novembro
Faise público o decreto de corrección dun erro e da modificación do ámbito territorial para a selección do persoal directivo, docente e
administrativo do programa dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos.
Xoves, 26 de novembro
Faise pública a correción dun erro nas bases que rixen o proceso para selección do alumnado traballador e persoal directivo, docente e administrativo de apoio ao pograma dual de emprego MAIS2020.
O documento pódese consultar nos arquivos adxuntos.
Luns, 16 de novembro
As persoas maiores de 18 anos que estean desempregadas e desexen formarse en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais ou en pintura decorativa en construción no obradoiro de emprego MAIS2020 formaranse en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209) e outras 8 en pintura decorativa en construción (EOCB0110).
Este programa de emprego terá unha duración de 9 meses, e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte. Para poder participar neste obradoiro, as persoas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego e ter solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego (340), Outro programas de emprego formación dual (370) e 699 suspensión específica programas experimentais de emprego.
Aquelas persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo ata o día 24 de novembro de 2020 (incluído) solicitando cita previa na oficina de emprego Santiago Norte dende este enlace (preme aquí).
As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente ou administrativo de apoio do obradoiro de emprego MAIS2020 tamén terán que figurar inscritas na oficina de emprego Santiago Norte solicitando esta ocupación antes do 24 de novembro. Poden solicitar cita previa a través deste enlace (preme aquí)
Para máis información sobre este proceso, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego Santiago Norte, a través do teléfono 881 867 306 ou pedindo cita previa neste enlace (preme aquí).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1052
-
Durante nove meses o alumnado-traballador recibirá formación en pintura decorativa en construción e en limpeza en espazos abertos e instalacións industriais
-
Os alcaldes da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra animaron ao participantes a aproveitar a formación para incorporarse ao mercado laboral
Os alcaldes da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra inauguraron esta mañá o obradoiro dual de emprego Máis2020, que vai formar a 20 persoas desempregadas dos catro concellos en pintura decorativa en construción (8 persoas) e en limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (12), cunha achega de 346.946 euros da Consellería de Emprego e Igualdade.
“Esta é unha iniciativa beneficiosa para ambas partes. Para vos, como alumnado, que vos poderes formar nestas especialidades para incorporarvos ao mercado laboral, e tamén para os concellos, porque as obras van quedar ai”, lles dixo José Antonio Pereira, alcalde da Baña ás persoas seleccionadas para esta iniciativa. “Tendes un profesorado que son grandes profesionais, dos que poderedes aprender moito”, engadiu.
Os outros alcaldes trasladáronlles mensaxes similares ao alumnado. O de Negreira, Ángel Leis, pediulles “tranquilidade e paciencia, e cumprir as normas sanitarias” durante este período de formación. “O obradoiro supón unha boa oportunidade laboral, porque ides recibir un certificado de profesionalidade”, recordoulles o rexedor de Val do Dubra, José Manuel Varela. O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, recalcou que este obradoiro “supón unha oportunidade para volver integrarse na sociedade e no mercado laboral, sobre todo para aquelas persoas que levan tempo no paro”.
Durante os nove meses que dura Máis2020, o alumnado recibirá o salario mínimo interprofesional, máis a parte proporcional das pagas extras. Neste obradoiro, que ten sede na Baña, fórmanse cinco persoas de cada un dos concellos, 2 delas na especialidade de pintura, e outras 3 na de limpeza.
No caso da Baña, o alumnado vai pintar o interior do centro social e da terceira idade e tamén a casa de cultura, ademais de facer limpeza de beirarrúas, marquesiñas e contedores.
No acto de inauguración, ademais dos alcaldes, as técnicas de emprego dos catro concellos e o profesorado do obradoiro dual de emprego Máis2020, participaron tamén membros do equipo de goberno e representantes do PP da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1065
-
O alcalde pediu unha reunión co responsable de Mobilidade da Xunta para recuperar as conexións das tardes
O Concello da Baña remitiulle hai uns días un escrito á Xunta de Galicia para reclamar máis frecuencias nos autobuses que a comunican con Santiago, logo de que a empresa concesionaria do servizo decidise hai uns meses anular os horarios de tarde por causa da covid-19 e agora se negue a recuperalos coa excusa de que vai deixar de ser adxudicataria.
O escrito, asinado polo alcalde, José Antonio Pereira, vai dirixido a Ignacio Maestro, director xeral de Mobilidade. Nel lémbralle que A Baña só dispuña xa de cinco conexións con Santiago ao longo do día, quedando en funcionamento na actualidade únicamente dúas de ida con parada na Baña ás 7:15 horas ás 16:30, e outra de volta con parada ás 16:15 horas. Anuláronse “de maneira unilateral”, según sinala o texto, as que había á tardiña, con volta ás 20:15 horas e ida arredor das 20:30 horas, deixando á Baña incomunicada polas tardes.
A Baña é un dos concellos participantes no Plan de transporte metropolitano con Santiago de Compostela e a diminución do número de frecuencias de autobuses, recorda o alcalde, supón “privar máis de 3500 veciños do noso concello da única posibilidade de conexión coa área metropolitana”.
Logo de poñerse en contacto coa empresa concesionaria e recibir dela a resposta de que non vai reanudar os servizos, o Concello solicita unha reunión de carácter urxente co responsable de mobilidade da Xunta para solucionar a devandita problemática.