- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1028
22 de novembro de 2023
Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para a conformaicón dunha bolsa de emprego para cubrir unha praza de axente de emprego e desenvolvemento local (AEDL) no Concello da Baña.
A resolución da alcaldía recolle tamén a composición do tribunal, así como data, lugar e hora da fase de oposición, que queda fixada para o xoves 30 de novembro ás 9.30 horas no Salón de Plenos do Concello da Baña.
O documento pode consultarse en documento adxunto ou neste enlace.
18 de outubro de 2023
Faise pública a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as para a creación dunha bolsa de emprego para cubrir unha praza de persoal de AEDL do Concello da Baña.
O anuncio pode consultarse no documento adxunto ou neste enlace.
13 de setembro de 2023
O Concello da Baña publica as bases da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego destinada a cubrir as baixas, permisos e outros supostos de ausencia da titular da praza de axente de emprego e desenvolvemento local polo sistema de concurso-oposición.
As bases da convocatoria, publicadas no BOP, pódense consultar no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1481
3 de novembro de 2023
Fanse públicos os resultados provisionais da baremación da fase de concurso para o posto de mestre/a de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) do programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.
As persoas aspirantes teñen de prazo ata o vindeiro luns 6 de novembro ás 14.00 horas para presentar alegacións, se o consideran oportuno.
Os resultados poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.
30 de outubro de 2023
Faise pública a puntuación da proba escrita para o posto de mestre de atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) do programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.
As persoas aspirantes teñen de prazo ata o vindeiro xoves 2 de novembro ás 14.00 horas para presentar a documentación baremable para a fase de concurso.
Os resultados poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.
27 de setembro de 2023
Fanse públicas as puntuacións totais definitivas para os postos de director/a, titor/a, mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área social), mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) e mestre en dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil para o programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.
A documentación a presentar no Concello de Val do Dubra para formalizar o contrato será o certificado da conta bancaria, a tarxeta sanitaria e o informe médico.
Os resultados definitivos poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.
26 de setembro de 2023
Publícase a puntuación total definitiva do alumnado-traballador para o programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.
Sendo o inicio do obradoiro, o alumnado seleccionado deberá presentar no concello promotor de Val do Dubra, antes do xoves 28 de setembro, o certificado da conta bancaria, a tarxeta sanitaria ou de número de identificación da Seguridade Social (no caso de que nunca traballaran) e o certificado médico oficial.
Os resultados definitivos poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.
25 de setembro de 2023
Fanse públicos os resultados totais provisionais para os postos de director/a, titor/a, mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria), mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área social) e mestre en dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil; todos eles para o programa de emprego Xuventude 2023 que promove o Concello de Val do Dubra en colaboración coa Baña, Negreira e Santa Comba.
O prazo de reclamación en todos os casos é de dous días hábiles, ata as 14.00 horas do mércores 27 de setembro de 2023.
As puntuacións poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.
22 de setembro de 2023
Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas preseleccionadas para os postos de director/a, titor/a, mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área social), mestre en atención sociosanitaria a persoas no domicilio (área sanitaria) e mestre en dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil. Os resultados poden consultarse neste enlace e no arquivo adxunto.
Así mesmo, publícase a puntuación total provisional do alumnado-traballador para o programa de emprego Xuventude 2023, que pode verse neste enlace e no arquivo adxunto. Ata o martes 26 de setembro ás 14.00 horas, cada participante deberá presentar no seu Concello a acreditación de ser beneficiario de Garantía Xuvenil e a declaración escrita da especialidade definitiva tendo en conta as puntuacións obtidas.
21 de setembro de 2023
Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas preseleccionadas como alumnado traballador para o programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
As puntuacións poden consultarse neste enlace ou no arquivo adxunto.
14 de agosto de 2023
Mozos e mozas da Baña en situación de desemprego e inscritos no Sistema de garantía xuvenil poderán optar a participar no programa de emprego Xuventude 2023, promovido polo Concello de Val do Dubra en colaboración cos da Baña, Negreira e Santa Comba e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Xuventude 2023 oferta un total de 16 prazas para alumnos/as traballadores/as menores de 30 anos en dúas especialidades formativas: atención sociosanitaria a persoas no domicilio (8 alumnos/as) e dinamización de actividades de templo libre educativo infantil e xuvenil (8 alumnos/as). En ambos os casos é preciso posuír o título da ESO ou as competencias clave nivel 2.
Este programa de emprego terá unha duración de 12 meses e a preselección de alumnos/as traballadores/as farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles mozos e mozas que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que demanden algún dos seguintes servizos: escolas taller (320), casa de oficios (330), taller de emprego (340) e outros programas de emprego formación dual (370).
Aquelas persoas que non estean inscritas nos devanditos códigos poderán facelo dirixíndose a citada oficina, e pedindo cita previa no seguinte link: https://emprego.xunta.es/citaprevia/. Tamén poderán inscribirse a través da oficina virtual do SPEG.
A tramitación da oferta realizarase na maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio é a finais de setembro.
Para máis información sobre este proceso poden poñerse en contacto coas oficinas de emprego de cada Concello participante:
- Concello da Baña: 682 859 367 / 981 886 501
- Concello de Val do Dubra (Servizo Local de Emprego): 981 889 000
- Concello de Negreira: 881 035 162
- Concello de Santa Comba: 663 728 782
O Concello da Baña abre unha consulta cidadá previa á aprobación dunha ordenanza municipal de ruídos
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 607
O equipo de goberno do Concello da Baña ten a intención de aprobar á maior brevidade posible unha ordenanza de ruídos coa fin de protexer tanto ás persoas como aos bens dos danos ocasionados polas agresións acústicas dentro dos límites do municipio para salvagardar a saúde e a calidade de vida da veciñanza, ademais de preservar o medio ambiente.
A noma mormativa implicará que o Concello levará a cabo as accións que estime pertinentes para facer cumprir a ordenanza, mandará facer as inspeccións que sexan precisas, esixirá a adopción das medidas preventivas necesarias así como as correctoras no caso de incumprimento e aplicará as sancións que se determinen.
Pensando na redacción desta ordenanza e co desexo do equipo de goberno de facilitar a participación cidadá, as persoas e organizacións potencialmente susceptibles de ser afectadas pola pola futura norma poderán aportar por escrito as súas suxestións e opinións a través da sede electrónica do Concello da Baña. As aportacións realizaranse picando nesta ligazón ao formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2023/G013/000002.
No documento adxunto poderá descargarse o anuncio municipal do procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza municipal.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 1103
Catro persoas da Baña poderán participar como alumnado traballador no obradoiro Xuventude 23 promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio co bañense, o de Negreira e o de Santa Comba. Impartiranse dúas especialidades: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, que contará con oito alumnas/os, Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, no que se integrarán outros oito alumnas/os.
No obradoiro, que comezará en outubro e se desenvolverá ao longo de doce meses, poderán participar persoas novas desempregadas de entre 18 e 30 anos. Deberán estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia e ter solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas taller programas (320), Casa de Oficio (330), Taller de emprego (340), Outros programas de emprego e formación dual (370). Ademais, como novidade, a convocatoria ábrese ás persoas demandantes de emprego que estean en situación administrativa de suspensión (699). As solicitudes tramitaranse a través da Oficina de emprego de Santiago Norte.
O obradoiro Xuvenil 2023 lanza así mesmo unha oferta de emprego destinada a cubrir as prazas de director/a, mestre/a da especialidade de Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, mestre/a da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, mestre/a de apoio para a especialidade de Atención sociosanitaria (media xornada) e titor/a (media xornada).
As bases da convocatoria poden consultarse premendo nesta ligazón ou no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 3508
22 de maio de 2023
Faise pública a resolución da Alcaldía co decreto de aprobación da relación de persoas aprobadas e o requirimiento de documentación nos procesos selectivos de persoal laboral fixo da OPE extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña.
A acta pode consultarse nos arquivos que se achegan ou picando nesta ligazón.
5 de maio de 2023
O tribunal cualificador fai públicas as valoracións definitivas das persoas participantes nos distintos procesos selectivos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña, así como a proposta dos correspondentes nomeamentos. Os procesos afectan ás prazas de administrativo/a de contabilidade, animador/a cultural, auxiliar administrativo, condutor/a de servizos sociais, limpiadores/as, profesor/a de música, responsable da oficina municipal de información xuvenil, subalternos/as do colexio e do polideportivo; técnico/a de atención á infancia, tractoristas operarios e auxiliares do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.
A acta pode consultarse nos arquivos que se achegan ou picando nesta ligazón.
18 de abril de 2023
Os tribunais cualificadores fan públicas as valoracións provisionais das persoas candidatas ás prazas da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña.
Establécese un prazo de 10 días hábiles para reclamacións, a contar desde o día seguinte á publicación dos resultados no taboleiro sede do Concello da Baña.
Convócase para o día 4 de maio ás 10:00 horas na casa do concello ás persoas que teñen que realizar a proba de galego correspondente á praza que non a acreditaran en prazo.
As actas coas valoracións provisionais das persoas candidatas poden consultarse nos arquivos adxuntos.
27 de marzo de 2023
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe diferentes resolucións da alcaldía nas que se recollen as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña. Así mesmo, publícase a composición do tribunal cualificador destes procesos selectivos.
As listaxes, que se poden consultar nos arquivos adxuntos, son as correspondentes aos procesos para as prazas de administrativo/a de contabilidade, animador/a cultural, auxiliar administrativo, condutor/a de servizos sociais, limpiadores/as, profesor/a de música, responsables da oficina municipal de información xuvenil, subalternos/as do colexio e do polideportivo; técnico/a de antención á infancia, tractoristas operarios, auxiliar do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.
9 de febreiro de 2023
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe diferentes resolucións da alcaldía nas que se recollen as listaxes provisional de persoas admitidas e excluídas nos diferentes procesos seleccionavos da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilizació do emprego temporal no Concello da Baña.
As listaxes, que se poden consultar nos arquivos adxuntos, son as correspondentes aos procesos para as prazas de animador cultural, condutor de servizos sociais, limpiador, profesor de música, responsables da oficina municipal de información xuvenil, subalternos do colexio e do polideportivo; técnico de antención á infancia, tractoristas, auxiliar do servizo de axuda no fogar, tanto a xornada completa como a xornada parcial.
23 de decembro de 2022
Faise público o anuncio da resolución no Boletín Oficial do Estado (BOE) das bases específicas para os procesos selectivos de prazas incluídas na oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do BOE.
O anuncio do BOE pode consultarse neste enlace ou no documento adxunto.
13 de decembro de 2022
O Boletín Oficial da Provincia publica o decreto de aprobación das bases específicas e convocatorias dos procesos selectivos de prazas incluídas na oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2022.
O decreto pode consultarse neste enlace do BOP ou no documento adxunto.
16 de maio de 2022
Faise público o decreto de de aprobación da oferta pública de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal no Concello da Baña no ano 2002, así como as bases xerais que rexerán as convocatorias específicas.
O decreto da convocatoria e as bases xerais que regularán os procesos selectivos poden consultarse no documento adxunto.