Os nosos maimiños comezaron este curso no mes de outubro coa novidade de que cambiaron os seus encontros para o centro social de San Vicenzo no mesmo horario (de 17.00 a 18.30 h) e nos mesmos días (1º e 3º martes de cada mes).

Na última sesión do 17 de decembro, aproveitaron para festexar as festas do Nadal.

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 2014

O xoves, 14 de novembro de 2013, publicáronse as convocatorias de axudas da Deputación Provincial, para entidades.

Este ano unicamente poderán cubrirse telemáticamente a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login , para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serás imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:

1.-  Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor:

-       a persoa que ocupe a Presidencia da entidade

-       a persoa que ocupe a Secretaría da entidade

-       a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).

2.-  Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.

prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de decembro ás 14.00 horas.

Máis información en www.dicoruna.es/subvencions/2014 ou na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, concertando unha cita nos teléfonos 607 577 419 ou 981 886 501, ext. 2, Cultura.

As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego reuniranse o próximo 17 de decembro de 2013, en horario de 16.00 a 17.00 h, na casa de cultura, para comentar o libroMorgana en Esmelle de Begoña Caamaño e para escoller a/s lectura/s para o próximo mes.

Autora: Begoña Caamaño
Título: Morgana en Esmelle
Data de lectura:

Novembro de 2013

Comentario:

“A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. A medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. A lembranza dos tempos idos descobre as razóns da ruína de Ávalon e da caída de Camelot. En Morgana en Esmelle, Begoña Caamaño (Vigo, 1964) fai unha reflexión ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos, sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos. Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.”

(Editorial Galaxia)

Ademais, no noso club continuaremos lendo nas próximas sesións poemas do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro con motivo de celebrar o 150 aniversario da súa publicación.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

Clases de Pandeireta

Comezo: 5 de novembro

Horario: martes, de 20.00 a 21.00 horas

Lugar: Centro Social e da Terceira Idade

Prezo da matricula: 30 /ano

Inscrición:Concellaría de Cultura

Teléfonos: 981 886 501 – 607 151 889

Ficheiros: 

SKMBT_C36013101615470_01.pdf

Ficha_pandeireta.pdf