-
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 aos, as persoas interesadas deberán inscribirse antes do día 19
-
O prezo do servizo está entre 40 euros, sen almorzo, e 50 euros mensuais
O Concello da Baña abre hoxe o prazo de inscrición para o programa “A Baña madruga” para facilitar a conciliación ás familias do municipio e desenvolver un proxecto educativo para fomentar hábitos alimentarios saudables e un bo comportamento na mesa entre os menores participantes.
O servizo vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, e os prezos deste servizo van desde os 40 euros ao mes, podendo pagarse un extra de 10 euros para incluír co coidado o servizo de almorzo, acadando un prezo de 50 euros mensuais. Para os pais e nais que decidan utilizar este servizo de maneira ocasional o prezo será de 4 euros por día. Por outra banda, as familias numerosas que así o acrediten disporán dun desconto do 20% nos prezos.
As bases de funcionamento deste servizo e a ficha de inscrición poden descargarse nos arquivos adxuntos.