- O obxectivo do certame é ofrecer unha imaxe da muller nun entorno natural e rural
- Só se poderán enviar fotografías relacionadas coa temática tomadas dentro dos límites do municipio
- O prazo de presentación das obras remata o 3 de novembro
- Seleccionaranse 12 fotografías para o calendario 2023 pero só haberá unha obra gañadora en cada unha das tres categorías establecidas
O Concello da Baña promove o I Concurso fotográfico Elas no outono 2022 co obxectivo de reivindicar o papel da muller e ofrecer unha visión diferente da figura feminina durante o outono nunha contorna rural e natural como é o municipio bañense. O xurado seleccionará un máximo de 12 fotografías, que formarán parte do calendario 2023 do Concello e formarán parte dunha exposición que se inaugurará o 5 de novembro na casa da cultura.
O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 6 anos que desexen participar, enviando unha fotografía coa muller como protagonista. As imaxes deberán ser tomadas dentro dos límites territoriais do municipio da Baña e ser orixinais; é dicir, que non se teñan presentado a outro certame. Cada participante só poderá presentar unha fotografía dixital cun tamaño máximo de 6.000 píxeles no lado longo e 5 Mb de peso.
As persoas participantes deberán enviar a súa foto por correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.antes das 15.00 horas do 3 de novembro de 2022. No asunto deberá figurar ‘Concurso de fotografía elas no outono 2022’, e no corpo do correo o. Nome da imaxe, o lugar onde foi tomada a foto e o seudónimo co que participa o autor. Nun documento adxunto deberanse incluír todos os datos de contacto da persoa participante, como figuran nas bases, ademais dun teléfono e correo electrónico de contacto.
Neste concurso establécense tres categorías. Os participantes de 6 a 11 anos competirán na categoría 1, os de 12 a 17 na categoría 2 e os de 18 ou máis anos, na categoría 3. A persoa gañadora de cada categoría recibirá como premio un lote de libros acorde a súa idade.
O xurado estará formado por persoas relacionadas co ámbito da cultura, da educación e da fotografía. O tribunal valorará, en cada caso, a orixinalidade da fotografía presentada, a súa adecuación á temática, a técnica empregada e a composición da imaxe.
As bases do concurso de fotografía Elas no outono 2022 están dispoñibles na web municipal (neste enlace) e no arquivo adxunto