- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 2965
27 de xuño
Faise pública a resolución da alcaldia coa aprobación da listaxe de aspirantes que conformarán a bolsa para a provisión temporal para a contratación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
A resolucion pode consultarse no documento adxunto.
13 de xuño
Publícanse no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras e a convocatoria para a ampliación e actualización da bolsa de emprego destinada á provisión temporal dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
Esta acción enmárcase no Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) dentro do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e supón a contratación dunha brigada composta por 1 xefe/a de brigada e 4 peóns/peoas de brigada.
A contratación será por un período de tres meses, para levar a cabo labores de prevención e vixilancia nos montes do municipio.
Así mesmo, a convocatoria ten como finalidade constituír unha bolsa de emprego actualizada, que permita cubrir posibles baixas durante o servizo.
A nova bolsa terá unha duración inicial de tres anos, prorrogable por un ano adicional, e substitúe a anterior, aprobada por Decreto de Alcaldía 379/2024.
As persoas interesadas poden consultar as bases completas da convocatoria no apartado de anuncios ou emprego da web municipal.
As bases e convocatoria poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 2871
-
O alcalde José Antonio Pereira, e o concelleiro de Urbanismo, Jesús Manuel Pena, reuníronse esta semana coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo

O Concello da Baña e o organismo Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) deron un paso decisivo cara á creación dun parque empresarial no municipio, tras a reunión celebrada esta semana entre o alcalde, José Antonio Pereira Gil, o concelleiro de Urbanismo, Jesús Manuel Pena, e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo, xunto co equipo técnico da entidade estatal.
Durante o encontro, que tivo lugar nas oficinas de SEA en Santiago, a xerente informou sobre os primeiros resultados do estudo de viabilidade elaborado pola entidade, que avala a posibilidade de urbanizar unha superficie de 200.000 metros cadrados en Eiroa. Esta iniciativa estratéxica suporía un antes e un despois no desenvolvemento económico do municipio.
O rexedor bañés amosou a súa satisfacción cos avances acadados e reiterou o compromiso do goberno local de traballar man a man con SEA para adaptar a documentación urbanística aos requirimentos técnicos e introducir as modificacións oportunas para reducir os custos do solo co obxectivo de facilitar o acceso ao futuro parque empresarial a emprendedoras e emprendedores cunhas condicións económicas máis asumibles.
Durante a reunión abordouse ademais a posibilidade de modificar certas ordenanzas municipais que favorezan a instalación de empresas de distintos sectores, así como a importancia de dotar ao parque das infraestruturas esenciais que garantan o seu bo funcionamento e atractivo para o tecido empresarial.
Tanto Beatriz Sestayo como José Antonio Pereira coincidiron en destacar o clima de colaboración entre ambas entidades e a vontade compartida de dar continuidade ao proxecto, que consideran clave para o futuro de A Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 2810
-
O alcalde, José Antonio Pereira, e o concello de Urbanismo, Jesús Manuel Pena, recibiron na casa consistorial á xerente de SEA Beatriz Sestayo
-
Confirmouse que o estudo de viabilidade técnica, económica e xurídica estará dispoñible no primeiro trimestre de 2025

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, e o concelleiro de Urbanismo, Jesús Manuel Pena Varela, recibiron hoxe 13 de decembro no Concello á xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, para continuar traballando na construción do futuro parque empresarial en Eiroa. O encontro contou tamén coa presenza de empresarios interesados no proxecto.
Este proxecto, estratéxico para o desenvolvemento económico do municipio, permitirá urbanizar 200.000 metros cadrados de superficie grazas á aprobación do Plan Xeral e do plan parcial, tramitados polo goberno local. Durante o encontro, Sestayo confirmou que o estudo de viabilidade técnica, económica e xurídica está xa adxudicado e contratado, e os seus resultados estarán dispoñibles no primeiro trimestre de 2025. Este estudo analizará tamén o custo do solo para garantir que se axuste ás necesidades das empresas interesadas en instalarse na zona.
A xerente de SEA destacou a “excelente localización e as conexións” de Eiroa como factores que avalan a viabilidade do proxecto, así como a total receptividade e implicación do Concello para impulsar esta iniciativa. Tamén subliñou a importancia de celebrar estes encontros con empresarios para escoitar as súas necesidades e incorporalas ao desenvolvemento do polígono.
Este novo parque empresarial en Eiroa consolidarase como unha infraestrutura clave para atraer investimento, xerar emprego e potenciar o tecido económico da comarca.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 158

O Concello da Baña recibiu unha subvención de 5.000 euros da Deputación da Coruña para o manemento do persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2025.
O Boletín Oficial da Provincia publicaba o luns 10 de febreiro a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello da Baña ao abeiro do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023.
A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
- Visto: 3375
22 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados definitivos coa distribución por módulos das persoas aspirantes a formar parte do alumnado do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
Os/As cinco aspirantes seleccionados deberán presentar o informe médico actualizado conforme reúnen as condicións físicas e psíquicas para o desenvolmento das tarefas a realizar antes do martes 26 de novembro de 2024, así como a tarxeta sanitaria e o certificado da conta bancaria.
Os resultados poden consultarse premendo nesta ligazón.
20 de novembro de 2024
Faise público o resultado provisional das persoas aspirantes á praza de director/a do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
O prazo para presentar alegacións é de cinco días naturais (5) a contar dende o día seguinte a publicación do resultado provisional.
Os resultados poden consultarse premendo nesta ligazón.
20 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados definitivos das persoas aspirantes a formar parte do alumnado do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
A distribución por módulos será publicada o vindeiro venres día 22/11/2024
Os/As cinco aspirantes seleccionados deberán presentar o informe médico actualizado conforme reúnen as condicións físicas e psíquicas para o desenvolmento das tarefas a realizar antes do martes 26 de novembro de 2024, así como a tarxeta sanitaria e o certificado da conta bancaria.
Os resultados poden consultarse premendo nesta ligazón.
15 de novembro de 2024
Fase públicos os resultados da proba escrita das persoas aspirantes á praza de director/a do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
O prazo para presentar alegacións abrirase no momento de publicar os resultados totais provisionais.
Os resultados da proba escrita poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
12 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados provisionais das persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
O prazo para presentar alegacións é de 5 días naturais, a contar dende o mércores 13 de novembro. Neste mesmo prazo, os/as aspirantes con algún tipo de diversidade funcional deberán acreditar cun informe médico actualizado a compatibilidade coas funcións a desenvolver no obradoiro.
Os resultados poden consultarse en arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
8 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados da primeira proba escrita das persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
As puntuacións poden consultarse en arquivo adxunto e nesta ligazón.
30 de outubro de 2024
Este mércores, 30 de outubro, publícanse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña as bases de selección do persoal directivo e docente do obradoiro dual de emprego Rexenera 2024, promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio cos da Baña, Negreira e Santa Comba.
O prazo para presentar as solicitudes será de dez días naturais a contar dende mañá, xoves 31 de outubro.
As bases publicadas no BOP pódense consultar na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/10/30/2024_0000007548.pdf
25 de outubro de 2024
Publícanse as bases reguladoras do proceso de selección de persoal e alumnado traballador do obradoiro dual de emprego 'Rexenera 2024', subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciado pola Unión Europea, e promovido polo Concello de Val do Dubra, xunto cos concellos de Negreira, A Baña e Santa Comba.
As bases reguladoras poden consultarse na sede electrónica do Concello da Baña no seguinte enlace: https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20241025093013359.html

18 de outubro de 2024
O Concello da Baña participa no Obradoiro de Emprego 'Rexenera 2024'
O Concello da Baña, en colaboración cos concellos de Val do Dubra, Negreira e Santa Comba, participará no novo Obradoiro de Emprego denominado Rexenera 2024. Este proxecto, promovido polo Concello de Val do Dubra, ten previsto o seu inicio o vindeiro 2 de decembro de 2024 e contará cun total de 20 prazas para alumnos/as.
A través dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o obradoiro formará a persoas nas especialidades de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, con 12 prazas, e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, con 8 prazas. Durante os 9 meses de duración do programa, os participantes recibirán formación teórica e práctica que mellorará as súas opcións de inserción laboral.
A preselección dos participantes realizarase a través da Oficina de Emprego Santiago Norte. As persoas interesadas que desexen optar a unha destas prazas deberán estar inscritas nos servizos de emprego nas modalidades de Escolas Taller, Casa de Oficios, Taller de Emprego ou outros programas de emprego e formación dual.
O prazo para inscribirse rematará o luns 28 de outubro ás 14:00 horas, e a tramitación das ofertas realizarase a través da oficina virtual do SPEG.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa oficina de emprego do Concello da Baña 981 886 501.
Con este obradoiro, o Concello da Baña reafirma o seu compromiso co fomento do emprego e a formación profesional, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da comarca.

