• Teñen ata o 19 de febreiro 

  • Subvenciónanse ata o 70% das actuacións, cun límite de 3.000 euros 

  • As obras comprenden o revestimento e pinturas de fachadas sen rematar, o acondicionamento de peches ou a substitución de celosías 

Copia de Axudas para corrixir impactos paisaxísticos 1920 x 1280 pxEste mediodía ábrese o prazo para que os particulares poidan solicitar as subvencións destinadas a corrixir impactos paisaxísticos. As axudas cubrirán ata un 70% do importe da actuación, cun límite máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitudes péchase o 19 de febreiro.

Ademais dos particulares, os concellos tamén poden solicitar axudas para combater o feísmo. Neste caso, ábrense dúas liñas diferentes, destinadas, por un lado, a equipamentos municipais, e polo outro, a fontes, lavadoiros, palcos da música, hórreos e otras construcións vencelladas a servizos públicos. En cada una destas dúas liñas de achegas, o importe máximo da subvención ascende a 20.000 euros. Os concellos poderán presentar as solicitudes ata o 28 de febreiro.

A convocatoria destas novas achegas, publicada no DOG do mércores 19 de xaneiro, comprende unha partida de 1,6 millóns de euros, dos cales se destinan un millón de euros para propietarios individuais e otros 600.000 euros aos concellos. No caso dos particulares, compréndense nas actuación as obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar; a renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas, incluíndo cubertas; o acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento ou a substitución de celosías.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. O código de procedemento é o MT402A. Para cobrar a subvención, a persoa beneficiaria haberá de xustificar os traballos realizados con data límite o 30 de setembro de 2022.

Consulta nesta ligazón a convocatoria para particulares publicada no DOG.

 

O Concello da Baña está a executar o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 nos lugares de Agra de Portochán, Marcelle, Cabanas, Braña de Gosende e na Ermida.

A actuación conta cun investimento total de 59.679,62 euros e enmárcase no programa "Feader: Europa inviste no rural" Medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020, Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. O importe da axuda é de 49.322 euros. 

 

O Concello da Baña acondicionará o adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle para recuperar o espazo para uso veciñal. A obra ten un orzameto total de 76.848 euros e será cofinanciada pola Deputación da Coruña. O organismo provincial aportará un total de 57.000 euros, o que supón o 71% do presuposto, mentres que o Concello achegará os 19.848 euros restantes.

O alcalde do concello da Baña, José Andrés García Cardeso, o deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto, e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, participaron onte no acto de sinatura do convenio polo que a Deputación da Coruña financia as obras de mellora do adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle. O proxecto conseguirá eliminar os problemas de encharcamento e recuperará o espazo para uso veciñal coa colocación de bancos e pavimento de granito.

Os traballos pretenden, en primeiro lugar, solucionar os problemas de acumulación de auga e encharcamento que se producen habitualmente na explanada que rodea a igrexa e a casa reitoral, un lugar usado como zona de esparexemento e celebración de actividades lúdico-recreativas da veciñanza. Con este obxectivo, dotarase a zona dunha capa filtrante de grava sobre a que instalará terra vexetal e céspede. Así mesmo , construiranse unha serie de ramais de drenaxe soterrados que permitirán recoller a auga e canalizala ata un pozo existente nas marxes da calzada que linda co adro.

A zona dotarase tamén de nova pavimentación de acceso tanto peonil como para vehículos, ambas a base de lousas granito silvestre con acabado abuxardado e xuntas verdes para lograr unha integración acorde coa contorna. Os tramos peonís darán acceso tanto á igrexa como á zona do cruceiro.

Finalmente, dotarase ao adro dunha bancada que permita a reunión e descanso dos veciños na zona. A bancada instalarase no muro que delimita o predio e será cunha estrutura de aceiro negro liso con esmalte metálico sobre a que se instalarán unha serie de listóns de madeira, permitindo tamén unha axeitada integración na contorna.

  • As persoas interesadas deberán solicitar cita previa nos teléfonos municipais para acudir á casa da cultura

 20201130 recurso pe troitomil

O Concello da Baña, como anunciou onte o alcalde no Pleno da Corporación, vaille facilitar asesoramento xurídico a veciñanza sobre o procedemento de exposición pública do parque eólico de Troitomil, que promove a empresa Green Capital Power SL. Este asesoramento vaise efectuar o vindeiro 5 de marzo na casa da cultura

O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado venres, 19 de febreiro, o anuncio de exposición pública deste parque eólico. As persoas interesadas teñen 30 días de prazo para presentar alegacións.

O Concello da Baña, como xa adiantou onte o alcalde durante o pleno, pon a disposición da veciñanza un servizo de asesoramento xurídico para resolver dúbidas e facilitar información sobre o dito procedemento.

Este asesoramento xurídico vaise facilitar o vindeiro 5 de marzo, de 09.00 a 14.00 horas, no auditorio da casa de cultura.

Para evitar aglomeracións e cumprir coa normativa sanitaria, as persoas interesadas en ter asesoramento deben solicitar cita previa nos seguintes teléfonos municipais: 981 886 501 ou 981 886 516. Poderán chamar de 08.30 a 14.30 horas.