20231119 Padel ABanhaO pavillón polideportivo de Lañas foi o escenario do I Torneo de Pádel A Baña, no que 27 parellas demostraron o seu talento e habilidades o venres 17 e o sábado 18 de novembro. O evento, organizado polo Concello da Baña, disputouse nas categorías 3ª masculina, 3ª feminina e 3ª mixta, e resultaron campioas as parellas formadas por Manuel Soto e Jesús Mejías; Noelia Fraga e Lidia Ferreras; e Silvia Bello e Celestino Mariño.

A concelleira de Deporte, Ana Pensado, foi a encargada de entregar os trofeos ás parellas vencedoras. O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, tamén se achegou ao polideportivo de Lañas para apoiar e vivir a emoción deste evento deportivo.

Ademais dos merecidos trofeos para as parellas campioas, todas as persoas participantes recibiron agasallos en recoñecemento ao seu esforzo e entusiasmo.

Galería de fotos do I Torneo de Pádel A Baña, premendo nesta ligazón.