- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Turismo
- Visto: 2899
O Concello da Baña tomou a decisión de aprazar para o domingo 25 de marzo a celebración tanto da XV Festa da Filloa da Pedra como da II Ruta BTT Filloa da Pedra polo aviso de condicións meteorolóxicas adversas para este fin de semana. Tanto Meteogalicia como a AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía) coinciden no seu prognóstico de fortes ventos e choiva intensa entre a noite do sábado e o mediodía do domingo, día 11, data na que estaba prevista a celebración desta festa.
O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, vén de asinar un bando informando desta decisión e remitindo á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña para obter máis información. Pódese contactar nos teléfonos 981 886 777 ou 981 886 501.
Garantir a seguridade de todas as persoas que tivesen previsto asistir á festa e das que partcipan na organización foi o que motivou a decisión do Concello da Baña de aprazar todas as celebracións para o domingo 25 de marzo.
Con respecto á II Ruta BTT Filloa da Pedra, a organización decidiu tamén ampliar o prazo de inscrición ata o xoves 22 de marzo. O formulario de inscrición e o regulamento desta proba pódense consultar na páxina web municipal (preme neste enlace)
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Turismo
- Visto: 2086
O Concello da Baña irmandarase con localidades europeas ao abeiro do programa Europa cos Cidadáns, nunha acción dirixida á mocidade que terá lugar en Cerdeña do 6 ao 12 de marzo. En concreto, A Baña desenvolverá o proxecto Alianza de irmandamento para a acción en solidariedade social e os participantes da localidade coruñesa encontraranse con outros de Italia, Polonia, Romanía e Letonia.
Ao respecto desta iniciativa, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, salientou que o obxectivo do programa "é favorecer que a xente nova teña máis oportunidades para o entendemento mutuo con outros mozos e mozas europeos, así como promover a solidariedade, a aprendizaxe cultural, o compromiso social e o voluntariado a escala da Unión Europea".
Na mesma liña, a Xunta promove outros dous proxectos similares cos concellos de Santa Comba e Padrón. Así, Santa Comba recibirá a finais de maio a 45 participantes de municipios de Eslovaquia, Italia, Portugal e Grecia, mentres que Padrón celebrará un irmandamento con localidades de Portugal, Italia, Eslovaquia, Grecia, Hungría e Alemaña, tamén en maio.
No último trienio, foron aprobados 676 proxectos no marco do Programa Europa cos Cidadáns, sendo concedidos a España 20 e dos cales 6 deles corresponden a Galicia.
Máis información neste enlace.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Turismo
- Visto: 1516
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Turismo
- Visto: 1244
Coa finalidade de dar a coñecer os recursos patrimoniais e naturais dos que se poden gozar nas terras do municipio, o Concello da Baña oferta dúas rutas guiadas.
Ficheiros: