As persoas destinatarias son as familias con menores con idades entre os 3 meses e que non teñan cumpridos os 3 anos o 31 de decembro do ano anterior o que se presenta a solicitude.

Tipo de xornada: completa a partir de 4 horas ata 8 horas e media xornada que é ata 4 horas. Non se fai discriminación de tarifa por horas, é por xornada.

O horario do PAI é de 7.45 a 15.45 horas de luns a venres, aínda que pode sufrir modificacións en función da demanda das familias. A hora de entrada dos nenos é ata as 10 horas. Os nenos que non coman no PAI teñen que marchar as 13 horas. A hora de recollida dos que si comen é a partir das 15 horas.

Servizos: atención ás necesidades básicas, atención educativa, conciliación da vida laboral e familiar. Non dispón de comedor propio pero quéntase e dáselles a comida que traen da casa.

O prazo de renovación e solicitude de nova ingreso será de 30 días a partir da publicación no BOP da resolución da Alcaldía.( 31 de maio a 30 de xuño de 2016).

A información sobre o procedemento poden consultala no taboleiro de anuncios de Servizos Sociais, no da Educadora familiar e no BOP.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/05/30/2016_0000004251.pdf

Servizos sociais do Concello da Baña: 981 886 501 extensión 1.

Educadora familiar: 608 819 741.

Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Solicitudes: ver documentación anexa

Tarifas: ver Ordenanza Fiscal

Attachments:
Download this file (anexos.pdf)anexos.pdf[ ]294 kB
Download this file (FISCAL-PAI.pdf)FISCAL-PAI.pdf[ ]115 kB

O Concello da Baña fai públicas as bases para a contratación de:

Faga clic aquí

CANCELACIÓN DO ENTROIDO NA BAÑA

O Concello da Baña vese obrigado a cancelar a celebración do Entroido que estaba prevista para o próximo sábado, 13 de febreiro, debido á alerta de nivel amarelo por fenómenos meteorolóxicos adversos da que informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía.

O Concello comunicará proximamente a data prevista para esta celebración

Ficheiros: 

Bases_Entroido_2016.pdf

Entroido_2016a.pdf

Benquerido/a usuario/a, pai/nai, titor/a de usuario/a das actividades do Concello da Baña,

Infórmoos/as de que, poden proceder á realización da xestión para opagamento das actividades Escolas Deportivas do curso 2015-16, que a partir de agora se efectuará mediante domiciliación bancaria.

Para realizar este trámite deberá cumprimentar o documento de orden de domiciliación de recibos anexo a esta carta e presentalo naConcellaría de Cultura do Concello da Baña.

Para máis información ou dúbidas, poden contactar connosco naConcellaría de Cultura do Concello da Baña, nos teléfonos 981 886 501 ou607 577 419 ou por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Reciban un cordial saúdo,

José Andrés García Cardeso

Alcalde do Concello da Baña

A Baña, 20 de abril de 2016