Quedaron como gañadoras do concurso de periodismo Correspondentes desde A Baña realizado en conxunto entre o CPI  San Vicente e o SNL do Concello da Baña:

Andrea Vilas Forján con “A evolución da emigración na miña aldea”

Eva Iglesias con “Flora Calviño, unha escrava do traballo”

Noelia Castro Vales con “Para que serve unha bañeira?”

Este é o texto gañador, asínao Andrea Vilas, e di así:

A evolución da emigración na miña aldea

Vivo nunha pequena aldea de Ordoeste que se chama Paraxó. Somos  aproximadamente unhas dez casas habitadas e logo hai outras nas que xa non vive ninguén. Fai uns días na miña casa, unhas veciñas comezaron a falar da xente que tivo que emigrar, e decataeime de que en case todas as casas , máis ben en todas , había xente que tivera que ir  traballar a outro país para poder gañar cartos.

Outra cousa que me chamou moito a atención é, que parece que a emigración ía por etapas. Primeiro houbo a etapa dos bisavós que xeralmente  emigraban para América, sobre todo ían a Cuba, Brasil, Venezuela,Tampa e Bos Aires. Logo veu a etapa dos avós que emigraban máis a países europeos como Suíza ou Gran Bretaña. Os de agora os nosos pais, tíos etc. tamén emigran, pero non saen de España, van as Illas Canarias , País Vasco, Barcelona etc.

Eu ás veces pregúntome se teremos que emigrar nós? Ou se emigramos para onde iremos? E, tamén me pregunto se chegará a época na que haxa traballo cerca da túa casa e non teñas que emigrar.

SESIÓN 16 DO CLUB DE LECTURA A BAÑA EN GALEGO

Autor: George Orwell
Título: A revolta dos animais
Data de lectura:

xuño de 2012

Resumo:

“Os animais dos Jones sublévanse contra os seus amos, e véncenos. Pero a revolución fracasará axiña ao asomaren entre algúns dos sublevados ansias de poder. A corrupción, as rivalidades, a mentira…, os valores dos amos derrocados, anularán o primeiro soño. É esta novela unha diatriba contra o totalitarismo e unha defensa das diferenzas. E é que a “liberdade –dixo Orwell- significa o dereito a dicirlle á xente o que non quere oír”. Unha obra con mensaxe aberta, universal.”

(Edicións Positivas)

Na próxima sesión que será o 4 de xullo de 2012 en horario de 16.00 a 17.00 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).

A exposición Letras Galegas 2012 pode visitarse na casa de cultura ata o día 31 de maio. Permite coñecer a figura e a obra de Valentín Paz Andrade, a quen a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Trátase da exposición que gañou o Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de educación secundaria: IES Xoán Montes (Lugo) que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Valentín Paz Andrade.

XUNTANZA DOS MAIORES NO CARBALLIÑO

- Data: Sábado, 9 de xuño de 2012

- Inscrición: Antes do 7 de xuño, no Concello da Baña ou nos teléfonos 607 151 889 / 607 577 419 / 981 886 501 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

- Prezo: 3 euros de copago para pagar o transporte, non inclúe a comida.

Pódese ver esta exposición fotográfica documental, realizada por mulleres inmigrantes no marco do proxecto Veu Dona Sud Acsur Cataluña do 23 ao 30 de maio no Centro Social e da Terceira Idade (rúa Tedelle, s/n, Concello da Baña).

Tamén se pode asistir á proxección de curtas documentais e ao debate sobre xénero e migracións que terán lugar mércores, 23 de maio ás 16.30 horas .