FEIRA - EXPOSICIÓN DA BAÑA

IX FESTA DA FILLOA DA PEDRA

Domingo, 1 de abril de 2012

 

PROGRAMA

10.00 h. Apertura da IX Festa da Filloa da Pedra

12.00 h. Actuación "Os Campantes"

13.00 h. Pregón a cargo de D. Alejandro Rubín Carballo, director de Expourense e vicepresidente por Ourense da Fundación Amigos de Galicia

Hora límite de presentación dos pratos participantes no VIII Certame de Cociña de Filloas da Pedra

16.00 h. Actuación musical

16.30 h. Xogos tradicionais e actividades infantís

17.00 h. Entrega dos premios do VIII Certame de Cociña de Filloas da Pedra

18.00 h. Actuación do Dúo Musical "ROSÁN"

Ficheiros: 

bases_certame.docx

PROGRAMA_FILLOA_2012.pdf

O alumnado de secundaria do CPI San Vicente, con motivo do Día dos Namorados, está creando mensaxes amorosas nas clases de lingua galega para participar na actividade Declárate con WhatsApp que lle oferta o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña.

Será o mesmo alumnado o que seleccionará as mellores.

DECLÁRATE CON WHATSAPP

S. VALENTÍN 2012

1º A

Miña princesa, miña fermosura; a túa cara alégrame esta vida tan dura. ( Pablo)

Gustaríame ser a ventá do teu cuarto para admirarte todos os días. ( Irene)

Ti es a luz que aluma a miña vida. (Elena)

O amor é coma a guerra; fácil empezar, pero dificilísimo parar. ( Andrea V.)

Xa sei que eu para ti son invisible, aínda así énchome de valor para dicirche que te quero. (Alba)

Quérote moito, desde que te coñecín es coma o meu sol. (Noelia)

As flores florecen en primavera, pero ti no meu corazón floreces todos os días. (Andrea P.)

Es a chama que mantén acesa a candea da miña alma. ( Paula)

Desde que te vin non durmo por ti. ( Carlos)

Ámote porque non te odio, pero xunto a ti o tempo todo olvido. (Javier)

Quérote moito, moitísimo de verdade; quérote tanto que morro de humildade. (Gabriela)

Es o sol que ilumina o meu camiño, es a estrela que ilumina o meu cariño, es o médico que cura a miña dor, sen ti morro de tanto amor. (Ricardo)

Desde que vin só penso en ti. ( Nerea)

Se me dis como te chamas pídoche para o meu aniversario. (Valeria)

Desde que te vin só penso en ti, non en min.

2º A

O amor que nos temos non pode desaparecer. ( Miguel Salvante)

Es a luz que aluma a miña vida, se te vas, váiseme a vida. ( Brais)

Ti es o meu anxo, o anxo que aluma a miña vida, o anxo que aluma o meu corazón. ( Fani)

Só contigo me pasa a miña dor de corazón. ( Manuel)

Cariño, fai tempo que nos coñecemos e morro por dicirche algo: queres saír comigo? (Eros)

Ti es a estrela que me guía no camiño; ti es a chuvia que fai que as miñas lágrimas parezan máis pequenas. ( Nerea)

Oes, guapa, gustaríame volver ulir o teu perfume de rosas e tocar o teu pelo suave (Samuel F.)

Eu non quero regalos, eu quérote a ti; porque ti es a persoa que quero xunto a min. (Celena)

Ti meu ceo, ti miña terra, ti miña vida eterna. (Samuel G)

Quérote moito , guapa. (Fran)

Os teu ollos namóranme, quérote moito. (Carla)

2º B

Quérote tanto coma unha rosa, no meu corazón para o bo e o malo. ( José Gil)

Es o sol que alumea a miña vida e a estrela que fai brillar o meu corazón. ( Paula)

Que difícil é dicir “quérote” á persoa que se atopa no teu corazón, pero vai...Quérote! ( Melania)

Hoxe, neste día tan especial, só che quero dicir : Quérote. (Fabián)

No meu corazón entraches e deixaches un gran baleiro, pero iso non me importa con tal de ver o teu sorriso. ( Melissa)

A miña vida non tiña sentido ata que te coñecín ( Bertín).

Es a estrela coa que quero pasar o resto da miña vida ( Álvaro)

Por quererte, amor, furaches o meu corazón deixando ao descuberto unha gran ferida que pronto outra persoa cura con amor e tenrura. ( Nuria)

Quérote moito e desexaría estar contigo para sempre. Por favor, fai que iso sexa posible.

Só me darei conta do tempo que perdín lonxe de ti cando estea ao teu lado.

Quérote moito, estás sempre no meu corazón e non te olvidarei.

Cres no amor a 1ª vista? Ou teño que pasar dúas veces? (Óscar)

Eu son un drogadicto e ti es a miña droga. (Elías)

Por ti sería capaz de despeitear a Justin Bieber. ( Eva)

Gustaríame espertarme sabendo que vas estar todos os días ao meu lado. (Olaya)

Se o amor que sinto por ti fose petróleo sería a persoa máis rica do mundo. (Jorge)

Sen ti a miña vida non tería sentido; sen a túa risa o mundo sería escuro e o meu corazón deixaría de latir. ( Rosi)

Sabes que é o máis bonito dos meus ollos? O reflexo dos teus. (Borja)

A cousa máis bonita do mundo enteiro despois de ti é o teu reflexo. (Xoel)

Non sei que será, se os teus ollos , ou o teu pelo de ouro, eu só sei que estou namorado de ti. (Carlos S)

Os meus soños cúmprense cada vez que te vexo. (Elier)

Gustaríame verte todos os días, e que ti me vises a min co mesmo amor que sinto eu por ti. (Carlos P.)

Eu sinto polo meu amor que cada día soño con el. (Omar)

Eu por ti instalaría placas solares no meu xardín. (Lucía)

Quérote moito e gustaríame ver todos os días eses ollos tan bonitos que tes. (Adrián)

Días e noites só para ti. (Iván)

Ti es a razón pola que me levanto cada día. (Nuria)

Por ti percorrería miles de quilómetros ata atoparte. (Mario)  

O amor que sinto por ti é como o que senten os anxos por Deus. (Martín Cantorna)

Vouche dicir unha cousa: dáme igual onde estás ou que estás facendo; quérote. Queres que cho explique ou que cho demostre? (Kevin)

Contigo todo é perfecto, porque fas que desaparezan os meus defectos. (Denis)

Quérote tanto que non sei canto é: se é pouco quéixaste e se é moito tamén. (Rubén)

Ola ricura, hoxe é o día no que penso contarche o moito que te quero e todo o que me gustas. Ti sentes o mesmo por min? ( Ainhoa)

Ola amor. Levo varios días pensando na forma de cómo facer que o noso sexa unha realidade. Gustaríame que tivésemos unha relación seria . Quérote moito. (Victoria).

Ola pitufo. Es o máis importante para min . Necesito falar contigo, teño que dicirche algo, meu amor, que te quero. ( Noelia)

Es o máis importante que puiden atopar nesta vida, por iso che digo que te quero. (Marcos)

Ola: Es o máis importante para min e quérote moito . Queres saír comigo? Ámote, corazón (Fran)

Ola guapetón! Que che parece se ti me queres como te quero eu? Mañá vémonos. Un bicazo (Gemma) 

As propostas destacadas en negra son as gañadoras de cada grupo. 

Ficheiros: 

Declarate_con_WhatsApp.pdf

Autor: Xosé Miranda
Título: Morning Star
Data de lectura:

Xaneiro de 2012

Resumo:

“Morning Star é unha novela de aventuras no vello estilo dos grandes mestres Stevenson e J. M. Falkner, de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, de gavelas de bandoleiros no século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.”

(Edicións Xerais de Galicia)

   

Na próxima sesión que será o 1 de febreiro de 2012 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).

Autor: Kressmann Taylor
Título: Enderezo descoñecido
Data de lectura:

Febreiro de 2012

Resumo:

Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeo estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi.

Publicada nos EE. UU en 1938, pronto acadou vendas espectaculares e foi considerada unha obra perfecta. Tras a súa reedición en 1995, chegou ás mans do editor francés Henri Dougier, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a obra foi traducida ás principais linguas de Europa.

Enderezo descoñecido representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.”

(Edicións Xerais de Galicia)

   

Na próxima sesión que será o 7 de marzo de 2012 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).

ANUNCIO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA BAÑA

CURSO DE LINGUA GALEGA (CELGA 3)

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vai organizar un curso de lingua galega (Celga 3) para persoas adultas de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012 (ED104B) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Inscrición

Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse nos teléfonos do Concello 981 886 501 e 607 153 604 no SNL ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 27 de xaneiro en horario de oficina.

Admisión e prazas

O curso ten un límite de 30 prazas.

As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.

Para poder solicitar o curso, é necesario un mínimo de 20 persoas preinscritas.