Patinaxe artística, xadrez, tiro con arco e kárate son as novidades que ofrecen as Escolas Deportivas Municipais do Concello da Baña para o curso 2019-2020, que se desenvolverán no polideportivo municipal e no ximnasio do colexio público. Dende a Concellaría de Deportes preténdese facer fincapé nun obxectivo prioritario: ampliar a oferta de actividade fisica e deportiva, xuntando a todos os colectivos en actividades que acheguen a convivencia, o lecer e a actividade física.
Actividades previstas
- Patinaxe artística
- Tenis de mesa
- Fútbol sala
- Baloncesto
- Baile moderno
- Pilates
- Tiro con arco
- Xadrez
- Kárate
As actividades darán comezo o 23 de setembro de 2019 e os interesados deberán inscribirse no Concello da Baña entre o 16 e 20 de setembro entregando a ficha de inscrición e a domiciliación da cota presencialmetne nas dependencias municipais ou a través da sede electrónica (neste enlace).
Prezos
As tarifas estipuladas son para a tempada completa (todo o curso académico), aínda que o pago farase de xeito fraccionado en tres prazos: outubro, xaneiro e abril.
Os prezos fixados son os seguintes:
Individual:
- 60 € unha actividade
- 90 € dúas ou máis actividades
Familiar:
- Dous membros da mesma unidade familiar:
- 99 € cunha actividade cada un
- 132 € cun dos membros en dúas ou máis activiades
- Tres ou máis membros da mesma unidade familiar:
- 120 € cunha actividade cada un
- 150 € cun dos membros en dúas ou máis actividades
Podes consultar toda a información nos seguintes enlaces:
Obxectivos xerais destas escolas
- Fomentar a actividade física e deportiva, facendo especial fincapé en aspectos como a participación e a diversión do alumnado.
- Favorecer a maduración e o desenvolvemento biolóxico, psicolóxico e social dos nenos e nenas.
- Desenvolver a capacidade de tomar decisións individuais e colectivas con relación á execución motriz, de acordo coa observación e percepción do xogo e a súa relación cos diversos obxectivos que hai que cumprir.
- Favorecer o desenvolvemento da actividade física como medio para manter a saúde e a interacción social.
- Fomentar que os nenos e nenas se relacionen cos demais e aprendan a respectar as normas.
- Posibilitar o desenvolvemento de actitudes positivas cara ao propio corpo e ás súas manifestacións lúdicas, artísticas e deportivas.
- Potenciar os valores educativos e formativos do deporte: compañeirismo, convivencia, esforzo, deportividade, respecto, superación, autoestima, traballo en equipo, etc.
- Desenvolver as capacidades e habilidades instrumentais que perfeccionen e aumenten as posibilidades de movemento do alumnado.
- Aceptar os demais, recoñecendo o feito de gañar ou perder como elementos propios do xogo.
- Adquirir dominios técnicos, tácticos e xestuais propios de cada deporte.
- Utilizar a práctica psico-deportiva como un elemento de primeira orde para a formación integral do/a neno/a e o desenvolvemento da súa personalidade.
Inicio das actividades
A data de inicio será o luns 23 de setembro de 2019 e o remate está previsto a finais do mes de maio de 2020.