O Concello da Baña dispón dun Servizo de Normalización Lingüística (SNL) desde o 15 de outubro de 2009 que depende directamente de Secretaría. Este servizo creouse en virtude da subvención que a Deputación da Coruña lle concedeu ao Concello.
Entre as funcións que lle corresponden a este servizo podemos destacar:
I Funcións xerais
- 1. Asesorar a Administración en todo o relacionado coa política lingüística.
- 2. Comprobar que a Administración cumpra a lexislación en materia lingüística e garantirlle os dereitos lingüísticos á cidadanía.
- 3. Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada posto de traballo e cooperar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen os coñecementos lingüísticos das persoas aspirantes.
II Funcións de dinamización lingüística
- 1. Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
- 2. Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
- 3. Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso da lingua galega.
- 4. Promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización lingüística para que funcionen como axentes normalizadores na sociedade.
- 5. Propiciar e xestionar liñas de información e de axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.
III. Funcións de formación (socio)lingüística
- 1. Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega xerais e específicos.
- 2. Difundir materiais que contribúan á normalización: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos...
- 3. Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables a mellorar actitudes lingüísticas.
IV. Funcións de asesoramento lingüístico
- 1. Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
- 2. Normalizar a imaxe lingüística e fixar os criterios lingüísticos para a Administración.
- 3. Resolver dúbidas lingüísticas a través do correo electrónico, do teléfono e persoalmente.
- 4. Corrección, tradución e deseño da documentación.
V. Funcións de coordinación e apoio con outras institucións
- 1. Apoiar e difundir as accións que desenvolvan outras institucións.
- 2. Coordinarse con outras institucións para planificar e executar accións normalizadoras.
RECURSOS
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia pon a nosa disposición o diccionario galego das TIC na súa web.
Acceda ao catálogo da Real Academia Galega na súa páxina web.
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega