O Concello da Baña comunica que xa está aberto o prazo de matrícula para o curso 2008 / 2009 da Escola de Música.

Podes anotarte nas oficinas municipais de 10:00 a 14:00 horas.

O inicio das clases terá lugar o martes 7 de outubro.

Cursos que se van impartir

  • Enderezo: Rúa das Dores, s/n
  • Horario: de luns a sábado de 17:00 a 20:00 h

Aula de informática

  • Iniciación (de 5 a 7 anos).
  • 1º - 2º - 3º - 4º Título de grao elemental (título oficial).
  • Preparación de cursos para acceder ao grao medio.

Especialidades que se van impartir

  • Saxofón
  • Clarinete
  • Frauta
  • Trompeta - Fliscorno
  • Trombón
  • Tuba - Bombardino
  • Percusión

Obxectivos do instrumento

  • Controlar o aire mediante a respiración diafragmática e os músculos que forman a embocadura para unha correcta emisión, afinación, articulación e flexibilidade do son.
  • Saber utilizar os reflexos de precisión necesarios para corrixir a afinación das notas e a calidade do son.
  • Coñecer as características e as posibilidades sonoras do instrumento e saber utilizalas, tanto na interpretación individual como en conxunto.
  • Demostrar unha sensibilidade auditiva para o control da afinación e o perfeccionamento do son.
  • Emitir un son estable, en toda a extensión do instrumento, e empezar a utizar o vibrato e os diferentes matices.
  • Interpretar un repertorio básico integrado por obras de diferentes épocas e estilos.

Obxectivos do grao

  • Ser conscientes da importancia da música como linguaxe artística e medio de expresión cultural.
  • Expresarse con sensibilidade musical e estética para interpretar e gozar da música das diferentes épocas e estilos.
  • Interpretar en público, con seguridade en si mesmos, para vivir a música como medio de comunicación.
  • Interpretar música en grupo e habituarse a escoitar outras voces ou instrumentos.
  • Ser conscientes da importancia do traballo individual e adquirir as técnicas de estudo que permitan a autonomía no traballo e a súa valoración.
  • Valorar o silencio como elemento indispensable para desenvolver a concentración, a educación interna e o pensamento musical.