Benvida do alcalde

Benvidos e benvidas á páxina web do Concello da Baña. Convídovos a todos e a todas a que pasedes directamente a coñecer a nosa historia, a nosa gastronomía, os nosos servizos e, en definitiva, o que é e ofrece o municipio da Baña.

Preséntovos unha páxina web útil, tanto para coñecer os seus servizos municipais, como para que poidades estar ao día dos acontecementos que teñen lugar no noso concello.

Como alcalde da Baña, só me queda animarvos a que nos visitedes e comprobedes a hospitalidade das nosas xentes, a beleza da nosa paisaxe e os indicadores da nosa historia e da nosa cultura.

José Antonio Pereira Gil. Alcalde da Baña

Jose Antonio Pereira Gil Baston