• A partir das 17.00 horas actuará a Compañía Sempre Arriba cun espectáculo cheo de humor

  • A recepción oficial ás Súas Maxestades será a partir das 18.00 horas

REIS24compri

O Concello da Baña ten preparada unha gran festa para recibir as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente o vindeiro venres, 5 de xaneiro. O obxectivo é acompañar á cativada na espera da noite máis máxica do ano e gozar xuntos dunha tarde especial.

O pavillón de San Vicenzo acollerá unha gran festa a partir das 17.00 horas coa actuación da Compañía Sempre Arriba que presentará a peza Hoxe Sí! Trátase dun espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea e, sobre todo, moito humor.

A comitiva real chegará ao pavillón municipal ás 18.00 horas para falar co público infantil, e cos maiores que así o desexen. Tamén haberá reparto de agasallos entre os nenos e as nenas.

Tras a recepción oficial, todas as persoas que así o desexen poderán desfrutar da saborosa rosca de Nadal e gozar cos inchables instalados no recinto neste día tan especial.

 

 

  • A tenente de alcalde da Baña reúnese na Coruña coa responsable provincial de Cultura, Natividad de Jesús González

  • González proveita a xuntanza para reclamar a mellora do equipamento da Axencia de Lectura da Baña

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Acción social, cultural e servizos á cidadanía, Mónica González, visitou na mañá de hoxe, 9 de novembro, a sede da Deputación da Coruña para reunirse coa deputada provincial da área de Cultura, Natividad de Jesús González. O encontro centrouse en asentar bases de colaboración entre as dúas administracións no ámbito da cultura.

Mónica González e Natividad de Jesús González abordaron na xuntanza as distintas liñas de axudas e subvencións coas que a Deputación está apoiando os programas culturais dos municipios. Así mesmo, a concelleira bañense pediulle á administración provincial que teña en conta á Baña á hora de desenvolver a súa política de espectáculos culturais.

Na orde do día figurou tamén a mellora do equipamento da Axencia de Lectura da Baña. Ademais, Mónica González mantivo unha breve conversa co vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira Varela, reforzando así os lazos de colaboración entre as dúas entidades.

2 de outubro de 2023 


O Concello da Baña fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de persoas admitidas na Escola de Música Tradicional para o curso 2023-2024.

A listaxe pódese consultar en documento adxunto e premendo nesta ligazón

 

12 de setembro de 2023 


A Escola de Música Tradicional abre este mércores, 13 de setembro, o prazo de matrícula para o curso 2023-2024. As persoas interesadas deberán cubrir os formularios que se atopan na páxina web e formalizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello da Baña ou presencialmente no departamento de Educación e Cultura. As especialidades que se impartirán, sempre que haxa un mínimo de cinco persoas apuntadas, son as de gaita, percusión, pandeireta e canto. A maiores, o alumnado poderá cursar solfexo, disciplina complementaria de calquera das anteriores sen custo ningún. Por cada un dos instrumentos pagarase por todo o curso un total de 30 euros.

As solicitudes deben achegar, debidamente cubertos, a ficha de inscrición, a autorización de captación de imaxe e son, a autorización para usar o número de teléfono, o xustificante bancario do pagamento, a copia do documento de identidade da persoa usuaria e, de ser o caso, informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial. A conta para facer o pagamento é a do Concello no Banco Santander: ES26 0238 8191 8806 6000 1061.

Os formularios e as bases de funcionamento da Escola de Música Tradicional, publicadas no BOP, pódense descargar nos documentos adxuntos.

 

4 de outubro de 2023 


O Concello da Baña fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de alumnado admitido na Escola de Música Municipal Emilio Andújar para o curso 2023-2024.

A listaxe pódese consultar en documento adxunto e premendo nesta ligazón.  

Hai que sinalar que, posto que quedan prazas libres, as familias que o desexen poderán solicitar a inscrición na Escola de Música Municipal Emilio Andújar. 

O financiamento da Escola de Música da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña. 

 

10 de agosto de 2023

O Concello da Baña abre mañá venres 11 de agosto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas que desexen formarse na Escola de Música Municipal Emilio Andújar no vindeiro curso 2023-2024. O servizo vai dirixido á poboación en xeral a partir dos 3 anos de idade, se ben hai prioridade para as persoas empadroadas na Baña. As clases desenvolveranse en horario de tarde, coincidindo co calendario escolar anual.

A Escola Municipal de Música da Baña oferta un total de 14 especialidades para o vindeiro curso: percusión, saxofón, frauta traveseira, clarinete, trompeta, tuba, trombón, bombardino, piano, guitarra, acordeón, canto e música e movemento, esta última para os máis pequenos. A estas materias hai que sumarlle solfexo, especialidade que está incluída e que é complementaria a calquera das anteriores.

Nas bases reguladoras do servizo, publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia, establécese un número mínimo de cinco alumnos inscritos en cada especialidade para que esta poida ser impartida (agás en piano, acordeón e solfexo, que se darán con independencia do número de alumnos apuntados).

O prazo de inscrición é de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no BOP; isto é, do venres día 11 ao venres 25 de agosto. No caso de quedar prazas vacantes, poderase solicitar a alta con posterioridade a estas datas nas especialidades abertas.

Para inscribirse é preciso presentar a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición
  • Impreso cuberto da orde de domiciliación de recibos
  • Autorización de captación de imaxe e son
  • Autorización para usar o número de teléfono
  • Copia do documento de identidade da persoa usuaria
  • Copia do documento de identidade da persoa titular da conta
  • De ser o caso, informe médico que acredite calquera tipo de tratamento especial

Unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase a lista provisional de persoas admitidas e darase un prazo de 10 días para presentar alegacións. Os horarios das distintas especialidades seranlles comunicados polos mestres das mesmas ás persoas usuarias e ás familias unha vez realizadas as inscricións e publicada a lista definitiva de admitidos.

Os formularios de inscrición poden descargarse nos documentos adxuntos, así como as bases reguladoras da Escola Municipal de Música da Baña publicadas no BOP.

O financiamento da Escola de Música da Baña conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

6 de setembro de 2023

O Concello da Baña publica a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de alumnado admitido no programa de madrugadores do CPI San Vicente para o curso 2023-2024. A listaxe pode consultarse nesta ligazón e en arquivo adxunto. 

 

28 de agosto de 2023
 
O Concello da Baña abre hoxe o prazo de inscrición para o programa A Baña madruga para facilitar a conciliación das familias con menores escolarizados no CPI San Vicente da Baña e desenvolver un proxecto educativo para fomentar hábitos saudables e valores de respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade. 
 
O servizo vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e ofértanse un total de 15 prazas, das cales unha estará reservada para supostos de emerxencia social.
 
Este servizo ofrecerase dende setembro do 2023 ata xuño do 2024 (ambos incluídos), coincidindo co calendario escolar anual nun horario de 7:30 a 9:15 horas. 
 
O prazo de inscrición é de 7 días naturais. Se quedaran prazas libres manterase aberta ao longo do curso.
 
A contía do servizo é de 40 euros mensuais pola gardería e de 50 en caso de engadir almorzo. A utilización ocasional quedará supeditada á existencia de prazas suficientes cun custe de 4 euros ao día por gardería e almorzo. 
 
As familias numerosas que así o acrediten disporán dun desconto do 20% nos prezos.
 
As bases de funcionamento deste servizo e a ficha de inscrición poden descargarse nos arquivos adxuntos.