BASES

1.    Poderán participar todos os nenos e nenas cunha idade comprendida entre 3 e 16 anos que acudan á ludoteca da Festa da Filloa da Pedra para xogar ou exclusivamente para participar no concurso.

2.    Todos os carteis terán como tema a Festa da Filloa da Pedra.

3.    Cada participante presentará unha soa obra orixinal de deseño gráfico que servirá para promover a Festa da Filloa da Pedra.

4.    Os/As participantes utilizarán para deseñar os carteis cartolinas brancas tamaño DIN A4 e o material de pintura que lles facilitará o persoal da ludoteca.

5.    Establécense catro categorías:

Categoría 1: participantes con idades comprendidas entre 3 e 6 anos

Categoría 2: participantes con idades comprendidas entre 6 e 8 anos

Categoría 3: participantes con idades comprendidas entre 9 e 12 anos

Categoría 4: participantes con idades comprendidas entre 13 e 16 anos

6.    Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un agasallo acorde coa súa idade e relacionado coas artes gráficas.

7.    Os carteis participantes quedarán en poder do Concello da Baña que poderá reproducilos ou expoñelos no tempo e no modo que considere oportunos así como cedelos a terceiros.

8.    Os orixinais entregaranse na ludoteca da Festa da Filloa da Pedra, o 3 de abril de 2011, en horario de 11.00 a 16.00 h.

9.    Os traballos non poden ter ningunha referencia que facilite a identificación do/a autor/a; a organización asignaralle un número a cada cartel co fin de identificalo/a cando se resolvan os premios.

10. O xurado estará formado por persoas do ámbito da cultura ou do asociacionismo. 

11. O fallo do xurado será inapelable. O xurado poderá declarar desertos algún dos premios se a calidade dos traballos non fose aceptable e valorará a orixinalidade, a creatividade e a calidade lingüística en galego en caso de que inclúan algún texto.

12. O simple feito de presentarse ao concurso supón a plena aceptación destas bases.

Ficheiros: 

BASES_DO_CONCURSO_DE_CARTEIS_DA_FESTA_DA_FILLOA_DA_PEDRA.pdf

LIBRO 2-3 DO CLUB DE LECTURA A BAÑA EN GALEGO

Autor: Xosé Fernández Ferreiro
Título: Agosto do 36
Data de lectura:

marzo de 2011

Resumo: Aborda o dramático tema da guerra civil en Galicia. Relata, partindo dun feito real, o “paseo” dunha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primeiros días do alzamento militar.
   
Autor: Marina Mayoral
Título: Unha árbore, un adeus
Data de lectura:

marzo de 2011

Resumo: “A historia dunha muller que, mentres planta unha árbore, vai evocando, a través do diálogo cun amigo, unha parte do seu pasado. A análise fonda, chea de matices, dunha alma feminina delicada, intelixente e sensible.”

As persoas participantes no Club de Lectura A Baña en Galego decidiron escoller como libros para este mes de marzo Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro e Unha árbore, un adeus de Marina Mayoral.

Na próxima sesión que será o 6 de abril de 2011 en horario de 16.00 a 17.00 h na biblioteca da casa da cultura compartiremos a nosa opinión sobre os libros e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que non participaron na primeira sesión e que estean interesadas en colaborar nas seguintes poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña.

PROBAS CELGA 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou a Resolución do 25 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega , niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2011 no DOG núm. 28 con data do 10 de febreiro de 2011.

Todas as persoas que estean interesadas en presentarse á convocatoria de exames Celga do mes de xuño poden consultar a resolución no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/DOG_celga.pdf

Ficheiros: 

DOG_celga.pdf

ENTROIDO 2011

Data: sábado, 12 de marzo

Hora: 16.30 h

Lugar: Praza do Concello

Inscrición: Concello da Baña

Teléfono: 981 886 501 (ext. 4)

PREMIOS

Carrozas

1º premio: 420 euros

2º premio: 300 euros

3º premio: 210 euros

Comparsas

1º premio: 300 euros

2º premio: 240 euros

3º premio: 180 euros

Disfraces individuais

Mellor disfrace infantil: 90 euros

Mellor disfrace adulto: 90 euros

Despois de rematar o desfile, terá lugar a entrega de premios. Haberá actividades para os/as nenos/as no pavillón polideportivo.

Organiza: Concellaría de Cultura

Ficheiros: 

Cartel_Entroido_2011_02.pdf

Autor: Agustín Fernández Paz
Título: Cartas de inverno
Data de lectura: febreiro de 2011
Resumo:

“Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xavier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xavier a acudir na súa axuda.” (Edicións Xerais de Galicia)

As persoas participantes na primeira reunión do Club de Lectura A Baña en Galego decidiron escoller como libro para este mes Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.

Na próxima sesión que será o 2 de marzo de 2011 en horario de 16.00 a 17.00 h na biblioteca da casa da cultura compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a seguinte lectura.

Todas aquelas persoas que non participaron na primeira sesión e que estean interesadas en colaborar nas seguintes poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña.