O pasado luns, día 12 de setembro, 23 mulleres do noso concello visitaron o Pazo de Oca e a Feira do Moble convidadas pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.

Ficheiros: 

Foto_grupo.jpg

Autor: Xosé Fernández Ferreiro
Título: Millo verde
Data de lectura:

setembro de 2011

Resumo:

“Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade.

Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Como era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais ¿por que?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno.

Millo verde ten un sorprendente e inesperado desenlace, mais isto non mitiga o drama social que na novela se presenta con toda a crueldade e que marca o fogo e para sempre a vida dos personaxes.”

(Edicións Xerais de Galicia)

   

Na próxima sesión que será o 5 de outubro de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).

PISCINA MUNICIPAL

Apertura da piscina: 27 de xuño

Cursos de natación: do 11 de xullo ao 11 de agosto os luns, os mércores e os xoves

Inscrición: Concello da Baña

Prezos:

Abonado: 25 €/mes

Non abonado: 2 €/día

Cursiño de natación sen transporte: 30 €/mes

Cursiño de natación con transporte: 50 €/mes

Pagamento: no núm. de conta 2091-0326-67-3110000035 do Concello da Baña en Nova Caixa Galicia

Horario de autobuses: do 11 de xullo ao 11 de agosto, os luns, os mércores e os xoves

1ª quenda (de 11:00  a 12:00 h)

Saída de Reguengo ás 09:50, pasando por Faxín I, Vilar, Outeiro, Choupana, Faxín II, Francos, A Ermida, A Carballeira, A Riba, Trece, Vilar de Cima, Barreiros, Corneira, As Foxas, O Couto, Carballo, Seoane, Cores, San Cibrán, Seilán e Nantón.

2ª quenda (de 12:00  a 13:00 h) Saída de Cantalarrana (Lañas) ás 10:45 h, pasando por Buchaín, Vilar da Torre, Vilar de Suso, Troitomil, Alde, Troitosende, Menlle, Lañas, O Castro, Cabanas e O Barro.

As actividades do martes e o aquagym  e o tenis son gratuítas.

Para participar nas actividades deportivas hai que estar inscritos/as nos cursos de natación.

 Os/As menores de 8 anos terán que ser axudados/as por unha persoa responsable para vestirse e espirse.

O venres 12 de agosto haberá unha festa con inchanbles na piscina.

 

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES
11:00 - 12:00 h 1ª Quenda Andainas e acondicionamento físico 1ª Quenda 1ª Quenda
12:00 - 13:00 h 2ª Quenda 2ª Quenda 2ª Quenda
         
16:00 - 17:00 h San Vicente Xogos e competicións deportivas San Vicente San Vicente
17:00 - 18:00 h Adultos Adultos Adultos
18-00 - 19:00 h Aquagym Aquagym Tenis

 

CAMPAMENTO CONCELLO DA BAÑA

Lugar: A Devesa, Ribadeo

Datas:   

18-24 de agosto (de 12 a 16 anos)

24-29 de agosto (de 7 a 11 anos)

Prezo: 50 €

Inscrición e información: Concellaría de Cultura

Prazo de inscrición: ata o 12 de agosto

 

CAMPAMENTO URBANO

Lugar: Concello da Baña

Datas: 16-30 de agosto

Prezo: gratuíto

Inscrición e información: Concellaría de Cultura

Prazo de inscrición: ata o 9 de agosto

Idades: de 3 a 12 anos

 

NOITE DE CINE 

Proxeccións ao aire libre a partir das 22.00 h  nos seguintes lugares:

Seone: Avatar  (22 de xullo)

Troitosende: UP (29 de xullo)

San Mamede: Ágora (6 de agosto)

Suevos: Luna nueva (13 de agosto)

Se chove, as proxeccións serán no local social

 

VERÁN LÚDICO CULTURAL

Lugar: casa da cultura

Datas: do 11 de xullo ao 16 de agosto

Horario: de 11.00 a 13.00 h

Prezo: gratuíto

Información: Concellaría de Cultura

Idades: de 3 a 12 anos

Os mércores haberá actividades para os/as nenos/as menores de 3 anos acompañados/as dunha persoa adulta.

AULA DE INFORMÁTICA ABERTA

Lugar: aula de informática

Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto

Horario: de 10.00 a 14.00 h de martes a sábado

Prezo: gratuíto

Información: Concellaría de Cultura

Idades: todas as idades

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA 

· DNI do/a pai/nai/titor/a

· DNI do/a menor

· Informe médico do/a menor

· Autorización do/a pai/nai/titor/a

· Tarxeta sanitaria do/a menor

 

Ficheiros: 

Programa_de_veran_2011_01.pdf

Programa_de_veran_2011_b_01.pdf

Autor: Manuel Rivas
Título: O lapis do carpinteiro
Data de lectura:

agosto de 2011

Resumo:

“O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega aos nosos días.

Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.

Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

O lapis do carpinteiro é o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de todas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.”

(Edicións Xerais de Galicia)

   

Na próxima sesión que será o 7 de setembro de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).

Autor: Domingo Villar
Título: A praia dos afogados
Data de lectura:

xullo de 2011

Resumo:

“Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar.

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar (Vigo, 1971) volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.”

(Editorial Galaxia)

   

Na próxima sesión que será o 17 de agosto de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).