O Concello da Baña vai recibir unha subvención de 6.493,22 euros da Deputación da Coruña para cubrir o posto de socorrista durante o ano 2024.
O Boletín Oficial da Provincia publicaba o luns 15 de abril a resolución definitiva pola cal se lle concede este importe ao Concello da Baña ao abeiro do Programa FO023B/2024: Convocatoria do programa de socorrismo dirixido a concellos da provincia da coruña durante o exercicio 2024.
A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.