DECLÁRATE CUNHA METÁFORA

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello está a ofrecerlle ao alumnado de secundaria do CPI San Vicente, e á cidadanía en xeral, unhas postais con motivo do día dos namorados.

O alumnado de secundaria do CPI San Vicente está creando metáforas para participar na actividade Declárate cunha metáfora. Será el mesmo o que seleccionará as tres mellores. Pola súa participación será agasallado cunha piruleta en forma de corazón. Os/As que resulten agraciados/as recibirán cadansúa piruleta xigante.

Ficheiros: 

Declarate_cunha_metafora2010_1.pdf