- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1002
Campaña de recollida de donativos para axudar os damnificados do terremoto de Haití.
Puntos de recollida:
- Concello da Baña
- Centro de Saúde da Baña
- Centro Social e da Terceira Idade
- Farmacia Gesto
- Farmacia Antelo
COLABOREMOS TODOS/AS
PRECISAN DA NOSA AXUDA
AXÚDAOS
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1216
BASES DO SORTEO DAS CARTAS AOS REIS MAGOS
O Concello da Baña, con motivo do Nadal, vai sortear nove libros escritos en galego entre os/as nenos/as do concello.
O sorteo rexerase polas seguintes bases:
PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que non superen os 12 anos.
SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escribir unha carta e depositala, antes do 6 de xaneiro de 2010, na caixa do correo dos Reis Magos que para tal fin foi depositada polo carteiro real na entrada do concello.
TERCEIRA. Os/As participantes poderán utilizar o modelo de carta publicado na páxina webwww.concellodeabana.es e que tamén está á súa disposición na casa do concello e nas escolas.
CUARTA. As cartas deberán estar escritas en galego.
QUINTA. Non haberá un límite máximo nin mínimo para a extensión das cartas.
SEXTA. Quedarán eliminadas todas as cartas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.
SÉTIMA. As cartas serán escollidas ao chou de entre todas as depositadas na caixa que para tal fin se acha no concello.
OITAVA. O premio consistirá nun lote de nove libros que se distribuirán en tres categorías:
- Categoría A para nenos de 0-5 anos
- Categoría B para nenos de 6-9 anos
- Categoría C para nenos de 10-12 anos
NOVENA. Extraeranse cartas ao azar ata acadar tres nenos/as por cada categoría.
DÉCIMA. O sorteo será público e realizarase o día 11 de xaneiro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.
UNDÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.
DUODÉCIMA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.
A Baña, 18 de decembro de 2009
O alcalde
José Andrés García Cardeso
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1156
O paxe real vai visitar as escolas da Baña a partir das 11.00 h, despois de recoller as cartas que deixaron os/as nenos/as na caixa do correo na casa do concello.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1219
ANUNCIO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA BAÑA
CURSOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vaille solicitar un curso de lingua galega (CELGA) á Secretaría Xeral de Política Lingüística para persoas adultas.
Inscrición
Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse no teléfono do Concello 981 886 501 no SNL ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 15 de febreiro en horario de oficina.
Admisión e prazas
O curso ten un límite de 35 prazas.
As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.
A listaxe de persoas admitidas e excluídas poderán consultala a partir do 15 de febreiro no taboleiro de anuncios do Concello ou na páxina web www.concellodeabana.es .
A Baña, 14 de decembro de 2009
O alcalde
José Andrés García Cardeso
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1171
O sábado, 19 de decembro, de 11:30 a 13:30, na Casa da Cultura, terá lugar a exposición fotográfica Porque nós tamén tivemos que saír.