-
Teñen ata o 19 de febreiro
-
Subvenciónanse ata o 70% das actuacións, cun límite de 3.000 euros
-
As obras comprenden o revestimento e pinturas de fachadas sen rematar, o acondicionamento de peches ou a substitución de celosías
Este mediodía ábrese o prazo para que os particulares poidan solicitar as subvencións destinadas a corrixir impactos paisaxísticos. As axudas cubrirán ata un 70% do importe da actuación, cun límite máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitudes péchase o 19 de febreiro.
Ademais dos particulares, os concellos tamén poden solicitar axudas para combater o feísmo. Neste caso, ábrense dúas liñas diferentes, destinadas, por un lado, a equipamentos municipais, e polo outro, a fontes, lavadoiros, palcos da música, hórreos e otras construcións vencelladas a servizos públicos. En cada una destas dúas liñas de achegas, o importe máximo da subvención ascende a 20.000 euros. Os concellos poderán presentar as solicitudes ata o 28 de febreiro.
A convocatoria destas novas achegas, publicada no DOG do mércores 19 de xaneiro, comprende unha partida de 1,6 millóns de euros, dos cales se destinan un millón de euros para propietarios individuais e otros 600.000 euros aos concellos. No caso dos particulares, compréndense nas actuación as obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar; a renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas, incluíndo cubertas; o acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento ou a substitución de celosías.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. O código de procedemento é o MT402A. Para cobrar a subvención, a persoa beneficiaria haberá de xustificar os traballos realizados con data límite o 30 de setembro de 2022.
Consulta nesta ligazón a convocatoria para particulares publicada no DOG.