- Fabio Couceiro, Jacobo Olveira e Raúl López foron os primeiros campións desta cita

O pavillón municipal de San Vicenzo acolleu este sábado, 4 de abril, o I Torneo de Tenis de Mesa da Baña, unha iniciativa que reuniu a máis de 40 participantes e que puxo de manifesto o crecente interese por esta disciplina deportiva no municipio.
A competición desenvolveuse nun ambiente marcado polo compañeirismo e o bo nivel de xogo, con participantes de diferentes idades que amosaron o seu talento nas categorías benxamín, infantil e absoluta. O torneo foi organizado por Miguel Rey, profesor das escolas deportivas municipais, contribuíndo a consolidar o tenis de mesa como unha actividade en expansión dentro da oferta deportiva local.

A entrega de premios contou coa presenza da concelleira de Deportes, Ana Pensado Louzao, quen destacou a importancia de promover o deporte base e fomentar hábitos de vida saudables a través de propostas que favorezan a participación e a convivencia.
Clasificación final:
- Categoría benxamín: 1º Fabio Couceiro; 2º Brais Mallón.
- Categoría infantil: 1º Jacobo Olveira; 2º Manuel Casal.
- Categoría absoluta: 1º Raúl López; 2º Anxo Castro.
O Concello da Baña continúa a traballar para impulsar o deporte como un espazo de encontro, participación e benestar, favorecendo a práctica de actividade física entre a veciñanza de todas as idades.
Esta primeira edición do torneo nace coa vocación de continuidade dentro do calendario deportivo municipal, reforzando o compromiso do Concello coa promoción do deporte e os hábitos saudables.