A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

Destinatarios/as: mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 60.
Duración: de marzo a outubro de 2018.
Prazo de inscrición: do 26 de febreiro ao 12 de marzo de 2018.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Máis información:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13450-proxecto-emprural-mozos-e-mozas-con-proxecto

Publicáronse as convocatorias de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva dentro do plan específico extraordinario de investimentos destinado a asociacións veciñais de Galicia, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  das que a asociación que vostede preside se pode beneficiar.

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles vinculados a acadar una eficaz prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos encadrados como servizos básicos municipais na lexislación de réxime local e mellora da vida local nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, incluídos os camiños veciñais e as traídas de auga xestionadas polas comunidades de usuarios de augas.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Serán imprescindible para esta tramitación dispor de certificado dixital ou DNI electrónico a persoa que ocupe a Presidencia e a persoa que ocupe a Secretaría da entidade.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de febreiro de 2018.

Máis información na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, concertando unha cita no teléfono 981 886 501.

Attachments:
Download this file (AnuncioG0244-201217-0005_gl.pdf)AnuncioG0244-201217-0005_gl.pdf[ ]655 kB