Inscricións:

Encha o seguinte formulario:

captcha

PROTECCIÓN DE DATOS: Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así coma o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, coa única finalidade de promoción e difusión do evento. Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable o Concello da Baña. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1979 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Nota: A ruta ten un custo de inscrición de 5 € para tódolos participantes, e ademais os non federados deberán aboar outros 10 € para obter o permiso de 24 horas facilitado pola Federación Galega de Ciclismo no seguinte número de conta indicando o DNI da persoa participante:

ABANCA: ES69-2080-0326-1531-1000-0062

Regulamento:

REGULAMENTO III RUTA BTT FILLOA DA PEDRA

1.- O Concello da Baña, en colaboración co Club Ciclista Negreira e coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e organismos competentes, é o organizador da III RUTA BTT FILLOA DA PEDRA, que se celebrará o domingo 17 de marzo de 2019.

2.- Esta marcha BTT está aberta a tódolos/as ciclistas maiores de 15 anos en posesión da licenza federativa en vigor. Quen non tivera dita licenza poderá tramitar a licenza dun día (seguro de accidentes e responsabilidade civil) concedida pola Federación Galega de Ciclismo.

3.- É obrigatorio o uso do casco protector. Levar visible a acreditación entregada pola organización e presentar a licenza federativa na saída.

4.- A ruta está sinalizada, debendo os/as participantes respectar o itinerario e o ritmo marcado pola organización, non podendo pasar ao vehículo que abrirá a carreira.

A ruta está aberta ao tráfico nalgúns puntos, polo que os/as participantes deberán circular pola súa dereita o máis preto posible da beiravía, e respectando as normas de tráfico.

5.- A saída será ás 10:00 h. dende a Praza do Concello da Baña, para facer un percorrido duns 42 km. (ruta longa) ou duns 32 km. (ruta curta) por pistas forestais dunha dificultade media. A chegada será no pavillón municipal. Haberá un punto de avituallamento sólido e líquido no km. 20, e outro avituallamento líquido no km. 30.

A organización resérvase o dereito a modificar o percorrido por causas climatolóxicas e/ou de seguridade.

6.- A ruta ten un custo de inscrición de 5 € para tódolos participantes, e ademais os non federados deberán aboar outros 10 € para obter o permiso de 24 horas facilitado pola Federación Galega de Ciclismo, e que será xestionado pola organización ao pago da inscrición na carreira . Estas cotas ingresaranse na seguinte conta:

ABANCA: ES69-2080-0326-1531-1000-0062

7.- A inscrición poderá facerse ata o xoves 14 de marzo de 2019 mediante o formulario que se habilitará ao efecto na páxina web do concello da Baña: www.concellodabana.gal Para calquera tipo de información poderán chamar aos teléfonos 981 886 777 - 682 859 367 - 981 886 501.

8.- Só serán considerados/as participantes da marcha aqueles/as que realizaran debidamente a inscrición e leven visible o distintivo entregado pola organización, se non poderán ser obrigados/as a saír do percorrido mentres se desenvolve a marcha. Non se considerarán participantes aqueles/as que de xeito intencionado faciliten datos falsos ao inscribirse.

9.- A organización disporá durante o transcurso da marcha dos servizos de asistencia sanitaria, mecánica (reparacións rápidas), servizo de limpeza para as bicicletas e duchas unha vez rematada a marcha nas intalacións do pavillón municipal da Baña.

10.- Os/As participantes están obrigados/as a auxiliar aos/ás accidentados/as e a respectar as normas de circulación nos cruces de carretera.

11.- Os/As participantes deberán respectar o entorno por onde transcorre a marcha quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido.

12.- A organización non se fai responsable dos accidentes nos que sexa causa a neglixencia dos participantes, así coma dos danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha no caso de que non se cumpra o estipulado neste Regulamento.

13.- Cada participante será responsable dos seus actos tanto dentro como fóra da marcha, excluíndo á organización das responsabilidades que tiveran lugar, incluíndo posibles accidentes e as súas consecuencias, debendo cumprir o vixente regulamento de circulación, xa que a circulación non estará cortada.

14.- A inscrición nesta marcha conleva a aceptación do presente regulamento en tódolos seus termos e as instrucións dos Organizadores para o bo desenvolvemento da marcha.