- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visto: 1145
A sesión formativa sobre o uso e acceso á sede electrónica municipal prevista para o mes de marzo no Concello da Baña vén de suspenderse, debido á cancelación deste proxecto formativo por parte da Deputación da Coruña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visto: 1004
O GDR Terras de Compostela, do que forma parte o Concello da Baña, organiza unha xornada de sensibilización sobre o SICTED (Sistema integral de calidade turística española en destino) dirixida ás empresas, establecementos e colectivos do sector turístico. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a todos os interesados a metodoloxía do proxecto e presentar os beneficios deste sistema de calidade, animándoos a integrarse e participar. A xornada desenvolverase o martes 4 de febreiro ás 10.00 h na sede do GDR Asociación Terras de Compostela, situada en San Xián de Sales (Vedra).
Terras de Compostela conta co recoñecemento de destino turístico SICTED, un proxecto de mellora da calidade en destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). No ano 2019, a raíz do programa formativo impartido polo GDR Terras de Compostela, 9 establecementos da zona distinguíronse co selo SICTED.
A xornada está orientada a informar aos diferentes colectivos do sector turístico: hoteis, restaurantes, empresas alimentarias visitables, museos, centros de interese turísticos, axencias de viaxes, oficinas de turismo, etc. Para participar é preciso confirmar asistencia antes do 30 de xaneiro (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visto: 1193
Hoxe, venres 20 de decembro, as familias da Baña estaban convidadas a visitar a Escola Infantil de Lañas nunha divertida xornada de portas abertas que incluíu unha visita guiada polas instalacións e a actuación de Trinketrinke Teatro e o seu ‘Cueiros de cores’.
A partir das 11.15 as portas da Escola de Lañas estiveron abertas para todo aquel que quixera visitala. As 11.30 horas Tinketrinke Teatro fixo acto de presencia co seu espectáculo de contacontos ‘Cueiro de cores’. Unha hora máis tarde comezou a visita guiada pola escola.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visto: 1348
-
O goberno municipal solicita á veciñanza que informe antes do 15 de xaneiro dos núcleos que non teñen cobertura, ademais de Cabanas e Lañas
O Concello da Baña quere sumarse ao convenio marco que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) firmou coa Fegamp para mellorar a cobertura de móbiles no rural. Dende o equipo de goberno tense constancia de que en Cabanas e Lañas a cobertura de móbil é nula, e solicitan a colaboración da veciñanza para coñecer aqueles outros núcleos de poboación que non teñen cobertura con ningunha das tres operadoras principais (Movistar, Vodafone e Orange). O alcalde sinala que “ata o 15 de xaneiro, os veciños poden avisar no concello daquelas zonas nas que non hai sinal nos móbiles en ningún dos tres operadores principais”.
O obxectivo deste convenio marco entre Amtega e a Fegamp e facilitar a instalacións de torres de telefonía móbil naquelas zonas nas que non hai cobertura no exterior das vivendas. E dicir, non se pode facer unha chamada de teléfono con ningunha das tres operadoras principais por falta de cobertura. Para sumarse ao convenio, o Concello ten que poñer a disposición da Xunta as parcelas necesarias para instalar as torres e encargarse de realizar a acometida eléctrica necesaria.
Para sumarse a este convenio, o Concello da Baña deberá identificar aqueles núcleos de poboación sen cobertura de móbil. Técnicos de Amtega confirmarán estes datos e seleccionarán as zonas obxectivo e, despois, dende a Xunta de Galicia poranse en marcha programas de axudas ás operadoras de telefonía móbil para instalar as torres necesarias para garantir unha boa cobertura.
O Concello deberá facilitar as parcelas para instalar as torres e –en caso de que non sexan terreos municipais– ter o compromiso de cedelos á Xunta durante un período de 15 anos. O Concello tamén deberá asumir os gastos para levar as acometidas eléctricas necesarias para que funcionen as torres de telefonía. Neste caso, o Concello poderá optar a unha axuda de ata 30.000 euros por acometida que porá en marcha a Xunta de Galicia.
Nestes momentos, e para elaborar o mapa de núcleos sen cobertura, o Concello solicita a colaboración da veciñanza para que informe dos núcleos de poboación sen cobertura e podelas incluír no expediente que se vai elaborar para remitir a Fegamp coa intención de sumarse a este convenio.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Desenvolvemento local
- Visto: 1496
As continúas solicitudes feitas dende o Concello da Baña para mellorar a cobertura de telefonía na Baña parece que comezan a dar os seus froitos. O alcalde, José Antonio Pereira, ven de asinar un bando solicitando a colaboración da cidadanía para que Movistar poida instalar, nunha primeira. Fase, a fibra óptica no núcleo de San Vicenzo, a capital do concello.
Para poder avanzar neste proceso, e substituír as liñas de cobre ou a ADSL por fibra óptica, que permite velocidades de transmisión de datos moito máis elevadas, Movistar está a despregar a rede de última xeración, e previamente é necesario que os propietarios ou comunidades de propietarios asinen as oportunas autorizacións de instalación.
Desta preinstalación, que non ten coste para a veciñanza, estanse a encargar técnicos da empresa Liteyca, da Coruña, que deben acceder aos inmobles para deixar todo preparado para que sexa factible conectarse máis tarde á fibra óptica,.
O alcalde recórdalle á veciñanza no bando asinado esta mañá que se “trata dunha preinstalación” necesaria para que, nun futuro, os usuarios poidan ter conexión de fibra óptica. Esta operación non terá coste para a veciñanza. Unha vez os edificios estean en condicións, cada persoa contratar pola súa a conexión de fibra óptica directamente coa empresa de telefonía que estime oportuno.