- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Urbanismo
- Visitas: 1509
O Concello da Baña está a executar o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 nos lugares de Agra de Portochán, Marcelle, Cabanas, Braña de Gosende e na Ermida.
A actuación conta cun investimento total de 59.679,62 euros e enmárcase no programa "Feader: Europa inviste no rural" Medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020, Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. O importe da axuda é de 49.322 euros.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Urbanismo
- Visitas: 1710
-
As persoas interesadas deberán solicitar cita previa nos teléfonos municipais para acudir á casa da cultura

O Concello da Baña, como anunciou onte o alcalde no Pleno da Corporación, vaille facilitar asesoramento xurídico a veciñanza sobre o procedemento de exposición pública do parque eólico de Troitomil, que promove a empresa Green Capital Power SL. Este asesoramento vaise efectuar o vindeiro 5 de marzo na casa da cultura
O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado venres, 19 de febreiro, o anuncio de exposición pública deste parque eólico. As persoas interesadas teñen 30 días de prazo para presentar alegacións.
O Concello da Baña, como xa adiantou onte o alcalde durante o pleno, pon a disposición da veciñanza un servizo de asesoramento xurídico para resolver dúbidas e facilitar información sobre o dito procedemento.
Este asesoramento xurídico vaise facilitar o vindeiro 5 de marzo, de 09.00 a 14.00 horas, no auditorio da casa de cultura.
Para evitar aglomeracións e cumprir coa normativa sanitaria, as persoas interesadas en ter asesoramento deben solicitar cita previa nos seguintes teléfonos municipais: 981 886 501 ou 981 886 516. Poderán chamar de 08.30 a 14.30 horas.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Urbanismo
- Visitas: 2535
O Concello da Baña acondicionará o adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle para recuperar o espazo para uso veciñal. A obra ten un orzameto total de 76.848 euros e será cofinanciada pola Deputación da Coruña. O organismo provincial aportará un total de 57.000 euros, o que supón o 71% do presuposto, mentres que o Concello achegará os 19.848 euros restantes.
O alcalde do concello da Baña, José Andrés García Cardeso, o deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto, e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, participaron onte no acto de sinatura do convenio polo que a Deputación da Coruña financia as obras de mellora do adro da igrexa de Santa Cristina de Marcelle. O proxecto conseguirá eliminar os problemas de encharcamento e recuperará o espazo para uso veciñal coa colocación de bancos e pavimento de granito.
Os traballos pretenden, en primeiro lugar, solucionar os problemas de acumulación de auga e encharcamento que se producen habitualmente na explanada que rodea a igrexa e a casa reitoral, un lugar usado como zona de esparexemento e celebración de actividades lúdico-recreativas da veciñanza. Con este obxectivo, dotarase a zona dunha capa filtrante de grava sobre a que instalará terra vexetal e céspede. Así mesmo , construiranse unha serie de ramais de drenaxe soterrados que permitirán recoller a auga e canalizala ata un pozo existente nas marxes da calzada que linda co adro.
A zona dotarase tamén de nova pavimentación de acceso tanto peonil como para vehículos, ambas a base de lousas granito silvestre con acabado abuxardado e xuntas verdes para lograr unha integración acorde coa contorna. Os tramos peonís darán acceso tanto á igrexa como á zona do cruceiro.
Finalmente, dotarase ao adro dunha bancada que permita a reunión e descanso dos veciños na zona. A bancada instalarase no muro que delimita o predio e será cunha estrutura de aceiro negro liso con esmalte metálico sobre a que se instalarán unha serie de listóns de madeira, permitindo tamén unha axeitada integración na contorna.

