O Concello da Baña publica a listaxe definitiva de persoas admitidas no BrincaNadal 2023, que pode consultarse no documento adxunto ou premendo neste enlace.
As familias admitidas deberán efectuar o pagamento na conta de Santander-Banco Pastor ES26 0238 8191 8806 6000 1061 e facerlle chegar o xustificante ao departamento de Cultura nas oficinas do Concello ou a través do email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Os prezos, recollidos no cartel do anuncio, son de 25€ para menores censados no municipio e de 50€ para os non censados. De haberen máis participantes da mesma familia, os prezos redúcense a 20€ para o segundo participante e a 15€ para o terceiro, no caso dos censados na Baña; e a 40€ ou 25€ para o segundo e terceiro participante non censados.