- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais
- Visitas: 979
Este sábado o centro social e da terceira idade da Baña acolleu o I Campionato de billar “Maiores”, no que Ángel Freire, veciño do municipio, se alzou co título de gañador absoluto. Detrás del, Celestino Quintáns, de Santa Comba, e Secundino Lado conseguiron o segundo e terceiro posto na clasificación.
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, e a concelleira de Cultura, Mónica González, presidiron o I Campionato de billar “Maiores” do municipio. Os participantes gozaron desta actividade organizada por primeria vez gracias á proposta de Luciana García, organizadora do evento e coordinadora do centro social e da terceira idade.
Ángel Freire, veciño da Baña, Celestino Quintáns, de Santa Comba, e Secundino Lado alzaronse co primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente. Lado demostrou cos seus case 90 anos que a idade non é impedimento para acadar as metas que nos propoñemos.
Ao rematar a divertida xornada, os presentes no centro social e da terceira idade da Baña degustaron unha rica merenda para repoñer as forzas gastadas no transcurso da tarde.
As imaxes do campionato están na páxina de Facebook do Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Servizos sociais
- Visitas: 1354
O Concello da Baña organiza actividades de estimulación cognitiva e ximnasia de mantemento para maiores, as cales se levarán a cabo de luns a venres no local social da terceira idade e por parroquias. A inscrición pode facerse presencialmente na Concellaría de Política Social ou chamando ao 981 886 501.
No caso do local social e da terceira idade da Baña, as actividades realizaranse de 15.30 a 17.30 horas e de forma gratuíta. Os interesados en participar nas que se leven a cabo no resto de parroquias do municipio, terán que aboar 10 euros ao mes por 1 actividade e 15 euros por dúas (os horarios aínda están por concretar). Tanto estimulación cognitiva, como ximnasia de mantemento serán de luns a venres e precisarase dun grupo mínimo de 8 persoas por clase para que se leve a cabo.
Para máis información e para formalizar as inscricións, os interesados deberán poñerse en contacto coa Concellaría de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deporte a través do 981 886 501.
- Detalles
- Escrito por evelb_admin
- Categoría: Servizos sociais
- Visitas: 1227
O centro social e da terceira idade da Baña conta dende marzo cunha dinamizadora social que organiza actividades principalmente, para maiores de 55 anos.
- Detalles
- Escrito por Concello
- Categoría: Servizos sociais
- Visitas: 1179